Historia e Gramática da Lingua Galega: Rexurdimento, Rosalía de Castro e Pronominalización

Otras lenguas extranjeras11,8 KB

A Lingua Galega: Dos Séculos Escuros ao Rexurdimento

Comparativa: Séculos Escuros e Idade Media

Le os apuntamentos sobre os Séculos Escuros e compara a situación da lingua galega nesta época coa da Idade Media.

A situación da lingua galega (LG) cambia radicalmente con respecto á da Idade Media (I.M.). Nos Séculos Escuros, o castelán era unha lingua estranxeira que entra na sociedade galega. Polo tanto, pasa a haber unha situación de diglosia, na que o castelán, empregado pola administración e a alta nobreza, é unha lingua dominante, e o galego é unha lingua dominada, falada pola maior parte da poboación pero á marxe da maioría dos usos escritos. Produto disto, xorden as discriminacións e os prexuízos lingüísticos contra o galego.

O Rexurdimento Galego

Que entendemos por Rexurdimento?

É un movemento do século XIX (SXIX) para a recuperación da lingua, da literatura e da cultura galega. Xira en torno a tres figuras importantes que son os escritores: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal, aínda que hai máis persoas implicadas.

Datas e Etapas do Rexurdimento

Que data se considera que comeza o Rexurdimento pleno e por que? Cales son as etapas do Rexurdimento?

O Rexurdimento pleno comeza en 1863, ano de publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que pasa a ser o libro máis importante da Literatura Galega (LiG).

Obxectivos Principais do Rexurdimento

Explica cales son os catro principais obxectivos do Rexurdimento:

  1. Romper os prexuízos que existían cara á LG. Nesta etapa o castelán era unha lingua de ensino e cultura.
  2. Ampliar os ámbitos de uso da lingua, que estaba vetada en determinadas áreas. Para isto, inténtase que se volva a empregar na administración e xornais xunto coa literatura.
  3. Estudar e depurar a LG para o nacemento dos dicionarios e da gramática.
  4. Buscar a autoestima e o pasado propio, labor no que destacan historiadores como Manuel Murguía.

O Galeguismo

Movemento político, social e cultural que nace co obxectivo de defender e dignificar a identidade galega. Na súa evolución consta de 3 etapas:

  1. Provincialismo: Movemento político que reivindicaba Galicia como provincia única, como unidade administrativa, social, cultural e económica.
  2. Rexionalismo: Considera que Galicia constitúe unha rexión diferenciada dentro do Estado español.
  3. Nacionalismo: Considérase Galicia como unha nación con dereitos políticos.

Exercicios de Gramática Galega

Formas Verbais Específicas

Escribe a forma que se indica de cada verbo:

  • 1ª persoa pl. copretérito indicativo de ouvir: ouviamos (ou oiamos, se se usa a raíz oír)
  • 2ª persoa pl. copretérito de posuír: posuíades
  • 1ª persoa pl. presente de subxuntivo de caer: caiamos
  • 1ª persoa sing. presente subxuntivo de conducir: conduza
  • 2ª persoa sing. futuro de crer: crerás

Infinitivo Conxugado

Enche os ocos coas formas de infinitivo conxugado que cumpra:

  • Será mellor irmos (ir, nós) axiña para dentro, parece que quere chover.
  • Trouxen estas flores para facermos (facer, nós) un ramo.
  • Ao saíren (saír, eles) do traballo, agardade por min.
  • Vinte ao saírmos (saír, nós) da piscina.
  • Calarmos (calar, nós) resulta ás veces unha boa táctica.
  • Ao chegarmos (chegar, nós), os rapaces botaron a rir.
  • De seguirdes (seguir, vós) así, non vos falarei máis.

Pon o infinitivo conxugado cando se poida:

  • Tedes moitas posibilidades de gañar (gañar) o concurso.
  • Non viron a película que proxectaba no novo cine por non chegaren (chegar) a tempo.
  • Non debedes esquecer (esquecer) a nosa cita.
  • De non chegaren (chegar) cedo os rapaces, marcharemos sen eles.
  • Tedes que volver (volver) mañá.
  • Vinte entrar (entrar) naquela tenda.
  • Ao chegarmos (chegar, nós) estaban todos moi cansos.

Colocación de Pronomes Átonos

Pronomes TE ou CHE

Escribe de novo as oracións colocando o pronome que se indica no lugar que corresponda (fíxate nos acentos):

  • Dixéronme que te viran onte.
  • Xa vos dixen o que fixen onte.
  • Díxenche que viñeses.
  • Entregoulles as entradas para o concerto.
  • Cando chegue Xiana chamareite.
  • Avisáronte para que viñeses.
  • Non a avisaron aínda.
  • Chamáronte ou non te chamaron?
  • Nunca vos vin por aquí.
  • Sempre nos vemos por esta rúa.
  • Entregáronlle un paquete ao novo inquilino.

Coloca os pronomes TE ou CHE no lugar que lles corresponda. Fai as modificacións oportunas:

  • Ninguén te avisou de que tiña que traer o xornal.
  • Todos che dixemos que non viras esa película.
  • Sempre te confunden co teu irmán pequeno.
  • Gústanche os amorodos con tona?
  • Onte chameite, pero non estabas.
  • Canto tempo che leva chegar ata aquí en autobús?

Copia de novo as seguintes oracións colocando no lugar adecuado o pronome átono que vai entre parénteses:

  • Contareiche o argumento desta novela.
  • Nunca antes te vin por aquí.
  • Xa me contaches este conto vinte veces.
  • Déronche xa a noticia?
  • Sempre nos atopamos no parque.
  • Díxenche que te chamaría mañá.
  • Xa che dixen que non tiña intención de ir ao concerto.
  • Déronlle unha alegría cando lle dixeron que irían visitalo.
  • Entregoulles ás irmás os regalos que lles deran para elas.
  • Díxenche moitas veces que non te deitases ao sol.

Conxugación Verbal: Presente de Indicativo

Conxuga os seguintes verbos en presente de indicativo:

  • Sufrir: sufro, sofres, sofre, sufrimos, sufrides, sofren.
  • Mentir: minto, mentes, mente, mentimos, mentides, menten.
  • Consentir: consinto, consentes, consente, consentimos, consentides, consenten.
  • Malferir: malfiro, malferes, malfere, malferimos, malferides, malferen.
  • Conseguir: consigo, consegues, consegue, conseguimos, conseguides, conseguen.
  • Subir: subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben.
  • Tusir: tuso, toses, tose, tusimos, tusides, tosen.
  • Consumir: consumo, consomes, consome, consumimos, consumides, consomen.

Definición de Formas Verbais

Define as seguintes formas verbais (persoa, número, tempo, modo, infinitivo):

  • chegou: 3ª persoa do singular do pretérito de indicativo de chegar.
  • andabas: 2ª persoa do singular do copretérito de indicativo de andar.
  • viviremos: 1ª persoa do plural do futuro de indicativo de vivir.
  • volvesen: 3ª persoa do plural do pretérito de subxuntivo de volver.
  • soñara: 1ª/3ª persoa do singular do antepretérito de indicativo de soñar.

Literatura de Rosalía de Castro

Análise do Poema “Unha vez tiven un cravo”

“Unha vez tiven un cravo” foi escrito por Rosalía de Castro e inclúese no seu segundo e último libro de poemas en galego, Follas Novas, publicado en 1880 en Madrid. Neste poema, a autora fala dunha pena que a asediaba como un cravo, o cal logra arrancar do seu corazón, pero deixa un baleiro que lle provoca nostalxia por esa mesma pena. Rosalía explora as contradicións da alma e a súa relación coa dor.

O poema ten unha estrutura narrativa na que se presenta un problema (a pena que sente a autora) que, tras solicitar a intervención divina, logra solucionar ao arrancar esa pena de si mesma. Con todo, a resolución non é completa, xa que a pena transformada en ausencia dolorosa lévaa de novo ao punto de partida. En canto á forma, destaca a rima asonante nos versos pares e a combinación de versos de oito e once sílabas. A metáfora do cravo e a hipérbole intensifican a sensación de dor, mentres que a aliteración reforza esta intensidade. O uso do apóstrofe a Deus para pedirlle permiso de arrancar o cravo tamén é significativo no poema.

Comentario de “Adios ríos, adios fontes”

Le o poema Adios ríos, adios fontes e responde estas preguntas:

A que obra de Rosalía pertence? A que bloque temático?

O poema pertence a Cantares Gallegos, obra publicada por Rosalía en 1863 e que se considera que inaugura a literatura galega contemporánea. Dentro dos tres bloques temáticos da obra, este é un poema de temática social, aínda que poida parecer costumista, porque é unha denuncia da emigración que sufrían os galegos.

Analiza a temática e o punto de vista (a voz poética) do poema

O punto de vista é o dun mozo, que desde a beira do mar se está despedindo de Galicia, da súa aldea, dos seus amigos e da súa parella, para afrontar unha aventura descoñecida na emigración. Esta voz poética parece que vai rememorando o camiño que fixo ata o barco que o levará a América.

Por que aparecen uns versos en cursiva ao principio?

Estes versos en cursiva serían a cantiga popular na que se inspira. O libro chámase Cantares Gallegos porque os poemas parten dun cantar popular, dunha copla ou unha canción que Rosalía recolle no folclore popular.

Exercicios de Pronominalización Adicional

Nas seguintes oracións faltan os pronomes persoais átonos. Colócaos no lugar correspondente. Fai as modificacións necesarias:

  • A rosca de Acuña está deliciosa. Merqueina onte.
  • A avoa fixo sopa, pero Xan non a quere.
  • A profesora chamou por el, pero non a escoitou.
  • O director encontrouse con Clara. Saudouna e marchou.
  • Martiño contoulle o segredo a Raúl.
  • Díxolles que viñesen agora mesmo.
  • Trouxo os pasteis e repartiunos entre os que o agardabamos.

Conxugación Verbal Final

Escribe o presente de indicativo destes verbos:

  • Seguir: sigo, segues, segue, seguimos, seguides, seguen.
  • Durmir: durmo, dormes, dorme, durmimos, durmides, dormen.

Descargar

PDF Word HTML