Personaxes, Argumento e Resumo de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,63 KB

1. Personaxes Principales

Manila

Era a xefa dun prostíbulo de fronteira. En canto á súa personalidade, había días que trataba ben ás traballadoras e outros que non, dependendo da comida. Parece que ten unha relación con Herbal porque durmen xuntos, pero ninguén o sabe, e é importante porque, se ela non contratara a Herbal, non coñeceríamos esta historia.

María

Era unha traballadora do prostíbulo que tiña 20 anos, procedente dunha illa de África. É importante porque a súa conversa con Herbal é a que nos revela a historia.

2. O Argumento

Esta obra, escrita polo autor Manuel Rivas, trata principalmente sobre a historia de amor entre o Doutor da Barca e Marisa Mallo. Era un amor difícil debido ao rexeitamento por parte da familia de Marisa e porque o Doutor da Barca estaba preso. Á parte do amor, tamén nos mostra a situación que se vivía naquela época coa represión, as condenas inxustas, etc.

A historia comeza cunha entrevista que lle fan ao Doutor da Barca xa de vello e, a partir de aí, Herbal vai contando como coñeceu ao Doutor da Barca e a súa historia de amor, as historias da cárcere —xa que Herbal era un garda da prisión durante a ditadura— e como axudaba ao Doutor da Barca grazas a O lapis do carpinteiro.

Ao final acabarase trasladando ao Doutor da Barca á illa de San Simón e volverá a Galicia desde Valencia porque descubriron unhas cartas nas que falaba en clave. Outras cousas desa viaxe foi cando puideron pasar a noite de vodas, e el volveu para a cárcere mentres Marisa observaba esa escena de como o seu marido era trasladado en barco á illa de San Simón.

3. Sucesos Irreais

Resulta irreal que o pintor, xa morto, lle fale a Herbal grazas ao lapis do carpinteiro. Tamén a dor fantasma, que fala da vida e da morte coma se furan mulleres reais.

4. Noite de Vodas

Empeza cunha escena na que o Doutor da Barca se despide dos enfermos do sanatorio porque o trasladan a Galicia. Entón vai nun tren co sarxento García e con Herbal, e na Coruña aparece Marisa Mallo, muller do doutor. Grazas a que este soborna ao sarxento, pasan a noite nun hotel.

Despois de que un fotógrafo lle sacara unha foto, despídense; o Doutor da Barca marcha en barca para o cárcere e Marisa observa como marcha. Por último, o doutor dille a Herbal que ten unha enfermidade do corazón.

5. Opinió Persoal

Esta obra gustoume moito porque, aínda que sexa un pouco difícil de ler, é bastante entretida. Ademais, fala da Guerra Civil e da vida durante a ditadura —que é un tema importante— e do amor, o que a fai emotiva.