Historia de la Lengua Gallega: Del Galego Medieval a Rosalía de Castro y el Rexurdimento

Otras lenguas extranjeras6,03 KB

Galego Medieval (Galego-Portugués)

A progresiva evolución do latín vulgar falado na Gallaecia romana deu lugar ao galego-portugués, que se falaba no noroeste peninsular desde o século IX e coexistía co latín. Durante os séculos X-XII o galego era a lingua oral e o latín era a lingua escrita (documentos legais, liturxia e ensino), e non é ata finais do XII que temos textos escritos en galego. A literatura en lingua galega tivo o seu máximo esplendor entre os séculos XII e XV. A finais do século XIII e nos séculos XIV e XV escribíronse en galego os temas de maior difusión na Europa medieval, como as historias sobre o rei Arturo (Livro de Merlín) ou a destrución de Troia (Crónica Troiana), convertendo ao galego en lingua internacional.


Galego nos Séculos Escuros

Entre os séculos XVI e XVIII o galego estivo apartado dos textos escritos, pero era a lingua empregada no oral. Esta decadencia debeuse á substitución da nobreza galega pola castelá. O galego aprendíase e usábase no ámbito familiar, o castelán na escrita e o latín nos estudos superiores. A Igrexa usaba o latín en xeral; o castelán na catequese e nas oracións populares e o galego na predicación (substituído polo castelán a mediados do século XVI).

Características do galego dos séculos escuros

  • Desaparición das vogais nasais e enxordecemento das sibilantes.
  • Distinción entre te e che e uso de -ches para a 2.ª persoa dos perfectos (amaches).
  • Castelanización de antropónimos e topónimos e aparición de castelanismos léxicos (*milagro).

Galego na Ilustración

No século XVIII xorden os ilustrados, figuras que defenderon e reivindicaron a cultura e a lingua galega. Estes mostraron unha fonda preocupación polo escaso desenvolvemento de Galicia e ofreceron propostas dirixidas ao desenvolvemento cultural e económico do país. Os máis destacados foron:

  • Frei Benito Jerónimo Feijoo: defendeu a identidade do galego como lingua e rexeitou a idea de que era un dialecto do castelán.
  • Frei Martín Sarmiento: estudioso e defensor da lingua galega.
  • Padre Sobreira: elaborou un dicionario galego e escribiu sobre a xeografía de Galicia.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Vestibulum a ante ut purus aliquam pellentesque. Suspendisse potenti. In sit amet risus quam, et egestas mauris. Nunc feugiat risus ut est facilisis condimentum. Sed et turpis velit, sit amet pharetra lacus.

Rosalía de Castro

  • Prerrexurdimento

    O prerrexurdimento foi un período de recuperación da literatura galega durante as primeiras décadas do século XIX. A primeira obra relevante foi A casamenteira de Antonio Benito Fandiño. Os precursores do Rexurdimento foron a primeira xeración galeguista. Os seus obxectivos foron a exaltación da paisaxe galega, a dignificación da lingua, a denuncia social polo estado de Galicia e a defensa dos galegos fronte aos ataques e desprezos dos castelanos.

    • 1.1. Xoán Manuel Pintos

      A gaita gallega: un gaiteiro galego e o seu tamborileiro de orixe foránea dialogan sobre as características da lingua galega e outros temas relevantes da época.

    • 1.2. Francisco Añón

      A Galicia: himno patriótico á nación galega.

  • Rexurdimento

    O Rexurdimento é un movemento cultural, social e literario desenvolvido na segunda metade do século XIX. O seu obxectivo era dignificar a identidade galega e recuperar o idioma galego. Este período comeza en 1836 coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro (primeira obra íntegramente en galego) e finaliza en 1916 coa creación das Irmandades da Fala.

    2. Características formais

    • Lingua popular (zona entre Compostela e Padrón), trazos dialectais (gheada, seseo ou plurais en -ns) e castelanismos (*aunque ou *conexo).
    • Métrica tradicional [arte menor e de 8 sílabas (romances, coplas, redondillas...)] e innovadora [endecasílabos con versos de arte menor].
    • Recursos estilísticos propios da lírica popular (paralelismos, comparacións, metáforas...) e o símbolo (sombra ou cravo/espiña = dor e angustia vital).

    3.1. Cantares gallegos

    • Publícase o 17 de maio de 1863 (inicio do Rexurdimento e Día das Letras Galegas).
    • Composto por 36 poemas con estrutura circular. Unha rapaza (a autora) expón a súa intención de cantar a beleza de Galicia e descúlpase polas posibles imperfeccións do seu canto.
    • Utiliza glosas populares de carácter reivindicativo (denuncia dos problemas do pobo).
    • Temáticas:
      • Costumista: paisaxes, crenzas, costumes, tradicións e supersticións para dignificalas.
      • Intimista: visión pesimista do amor, afondando na saudade da autora.
      • Cívico-patriótica: emigración, caciquismo, miseria dos labregos e inxustiza contra as mulleres.

    3.2. Follas novas

    • Publícase en 1880 na Habana (escritos en 1860 en Simancas).
    • No prólogo indica que esta obra será diferente da anterior (visión pesimista da vida).
    • Describe pexorativamente os seus versos e reflicte os seus pesadumes.
    • Seccións: Vaguedás e Do íntimo (subxectivas e intimistas: dor existencial, saudade, paso do tempo, morte, complexo de Polícrates (medo á felicidade)); Da Terra e As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos (obxectivas: crítica social, denuncia da pobreza dos labregos, a emigración e a situación das mulleres do rural); e Varias (mestura de ambas).

Descargar

PDF Word HTML