Historia del Sindicalismo y el Anarquismo en el Movimiento Obrero

Otras lenguas extranjeras3,95 KB

Orígenes y Evolución del Sindicalismo

No Antigo Réxime, a maior parte da actividade dos artesáns estaba regulada e controlada pola existencia dunha serie de asociacións ou confrarías de oficios: os gremios. O control do poder económico e do poder político pola burguesía levou á aparición dunha nova lexislación laboral baseada na abolición das corporacións dos artesáns e na prohibición de crear asociacións obreiras. A lexislación antiasociación apareceu en Francia, mais os obreiros protestaron ata abolila.

A pesar das prohibicións organizaron-se asociacións obreiras desde finais do século XVIII. As primeiras xurdirion entre os traballadores dun mesmo oficio (Trade unions). Formaron-se e medraron, moitas veces disfrazadas de sociedades de axuda mutua e beneficencia, destinadas ao auxilio dos necesitados, atención de enfermos, viúvas e orfos.

Desarrollo en Gran Bretaña

  • A abolición en 1824 das leis anti-asociación permitiu a multiplicación das unions obreiras de carácter local e por oficios.
  • En 1851 crearon a Sociedade Unida do Sector do Metal. Foi o primeiro sindicato moderno polo seu carácter nacional e por incluir obreiros de distintos oficios.
  • En 1860 producirom-se unións que remataron na realización do congreso sindical no que estaban representadas as delegacións de case todos os sindicatos.
  • A crecente puxanza do movemento sindical inglés permitiu alcanzar na década de 1880 melloras nos salarios, nas condicións de traballo e lexislativas: recoñeceron legalmente os sindicatos, o dereito de folga e os piquetes pacíficos.
  • O parlamento contou cos primeiros deputados sindicalistas.

Expansión en el Resto de Europa

No resto de Europa o sindicalismo non tivo tanta forza; durante a primeira parte do século XIX, a industrialización foi menor. En España, en 1839 nacen as primeiras sociedades obreiras. En 1840 creou-se a primeira delas en Barcelona (a sociedade de tecedores).

El Anarquismo como Corriente Política

Corrente de pensamento e práctica política que pretende construír unha sociedade na que exista a igualdade, a liberdade e a xustiza social sen necesidade de ningún tipo de poder ou goberno. Bakunin e Kropotkin son os líderes principais.

Non é un movemento homoxéneo, senon que abrangue múltiples facetas. Na orixe da palabra (do grego, sen poder) atopamo-nos con un dos seus trazos básicos: a desaparición do Estado e a defensa da liberdade, entendida esta última non como un dereito individual, senón colectivo.

Tivo influencia desigual; en países como Rusia, Francia, Suiza, Italia, EEUU, e sobre todo en España.

Abolición del Poder y de la Autoridade

Os anarquistas están en contra de todo poder establecido. Desconfían da burocracia, da centralización, dos exércitos… Son contrarios aos partidos políticos e ás eleccións parlamentarias, porque non cuestionan a evidencia do Estado. Están en contra do matrimonio ou o sacerdocio.

La Comuna y la Autogestión

Son pequenas células gochadas en réxime de autoxestión. A nova sociedade anarquista sen estado debe basearse na federación libre de comunas autónomas ou pequenas células gobernadas en réxime de autoxestión, onde a autoridade política é substituída por acordos libres. Están en contra de todo tipo de propiedade privada.

La Revolución Anarquista

Para lograr unha sociedade de tipo anarquista é preciso que se transforme a actual mediante a revolución, mais esta debe ser espontánea, das masas traballadoras e campesiñas contra todo poder establecido.

Descargar

PDF Word HTML