Impacto dos Estereotipos e Prexuízos na Realidade Lingüística

Otras lenguas extranjeras2,74 KB

O Conflito Lingüístico nas Sociedades Multilingües

Existen miles de linguas repartidas en 200 estados aproximadamente, polo que na meirande parte dos casos nun mesmo territorio conviven dúas ou máis linguas. Todas as linguas deben cumprir diversas funcións (cultural, laboral, familiar, institucional...), pero nalgunhas ocasións as súas funcións vense reducidas. Nestes casos, a causa adoita ser un conflito lingüístico entre unha lingua considerada hexemónica (con prestixio social e reservada para funcións consideradas como máis relevantes) e outra minorizada.

Posibles Escenarios ante o Conflito

A partir deste conflito poden darse varias situacións:

  • Pode manterse esa separación entre lingua dominante e dominada.
  • Pode producirse unha substitución lingüística no caso de que a lingua dominante se impoña en todos os ámbitos.
  • Pode levarse a cabo un proceso de normalización lingüística.

A Importancia da Normalización Lingüística

No proceso de normalización preténdese que a lingua minorizada recupere algúns dos seus ámbitos de uso e aumente o seu número de falantes. Para iso, é necesaria unha participación individual pero tamén institucional, mediante:

  • A inclusión da lingua no sistema educativo.
  • O seu uso na administración.
  • A presenza nos medios de comunicación e na cultura.

O Impacto dos Estereotipos e Prexuízos

Un dos maiores problemas para a normalización dunha lingua é a existencia de estereotipos e prexuízos lingüísticos. Os estereotipos son o resultado dunha xeneralización e simplificación da realidade que leva á creación dos prexuízos debido a unha mala interpretación. Atribúenselle a unha lingua determinadas características de xeito innato a pesar de non corresponderse coa realidade. Ideas como "o galego é unha lingua rural e atrasada" exemplifican esa percepción errónea.

Consecuencias da Discriminación Lingüística

Estes prexuízos son opinións enganosas que afectan á imaxe dunha lingua e dos seus falantes. Estas opinións son falsas e negativas e actúan en detrimento da lingua de menor prestixio. Os prexuízos contribúen á idea de que unha lingua (neste caso o galego) pode ser inadecuada para empregala nalgúns contextos sociais, provocando un descenso no seu uso.

Ademais, son un elemento discriminatorio que permite xustificar a situación de prestixio dunha lingua sobre outra.

Descargar

PDF Word HTML