O Valor Imprescindible da Filosofía na Formación Cidadá e a Transformación Social

Otras lenguas extranjeras3,01 KB

A filosofía defende un modelo de formación educativa da cidadanía, dirixido á convivencia pacífica e racional. Afirma que o importante son as capacidades das persoas que van desenvolver a súa vida en democracia, con liberdade e igualdade.

A filosofía é un saber insustituíble que forma cidadáns amantes das institucións democráticas con habilidades na resolución dos problemas sociais.

Funcións Esenciais da Filosofía Formativa e Democrática

Son funcións da filosofía:

  • Alentar o autocoñecemento: A filosofía axuda a que as persoas recoñezan que a fraxilidade, debilidade e mortalidade non son aspectos negativos, xa que ser débil non é vergoña, senón necesitar dos demais.
  • Demostrar os ideais de dominación: O proceder da filosofía permite demostrar o ideal social de que a perfección e o control sobre os demais son aspectos de vida adulta. A filosofía denuncia que este tipo de dominacións traen consigo angustia, inseguridade e infelicidade.

Sentir interese, ter empatía e emocionarse son valores éticos que divulga a filosofía. Esta impulsa á reflexión para descubrir prexuízos, xerar claridade con respecto aos obxectivos e sentido da vida, valorar os argumentos, detectar sofismas e falacias.

Finalmente, a filosofía favorece a análise e o debate sobre as decisións da vida cotiá e tamén impulsa as iniciativas para a resolución de problemas.

En definitiva, a cidadanía educada filosóficamente é crítica, activa, curiosa, argumentativa e capaz de opoñer resistencia á autoridade e á presión social.

A Función Social e Reivindicativa da Filosofía

A filosofía serve para comprender a complexidade das nosas sociedades.

No século XX atopamos exemplos de filósofos/as que souberon presentar as voces silenciadas dalgúns grupos humanos e facer entender a súa terrible situación:

  • Simone de Beauvoir: Denunciou a situación de dominación sobre a muller e o abandono dos vellos.
  • Hannah Arendt: Deu voz aos refuxiados, expatriados e masacrados.
  • María Zambrano: Deu voz ás inquedanzas dos exiliados e dos esquecidos pola historia.
  • José Luis López Aranguren, Agustín García Calvo, entre outros, sacrificaron as súas posicións, prestixios e carreiras académicas ao dar voz pública a aqueles cidadáns con liberdades e dereitos durante a ditadura de Franco. A súa expulsión da Universidade e a súa contribución á construción cívica da sociedade democrática, revela o valor social da filosofía.

Na segunda década do século XXI, a filosofía segue a manter este valor de dar voz, argumentos e posicións no ámbito público aos grupos sociais desfavorecidos, como Enrique Dussel, Antonio Negri, Gianni Vattimo. Todos eles empregaron os recursos da filosofía para reivindicar a dignidade e axudar a comprender a sociedade e loitar pola xustiza.

Descargar

PDF Word HTML