La Influencia del Neoplatonismo en la Filosofía Cristiana
Desaparecer o mundo intelixible de Platón, entón o mundo que hai (sensible) e cambiante e non se pode facer verdade. Como máximo, temos o epojé (deixar entrecomillado un xuízo).
Neoplatonismo:
Movemento totalmente filosófico. Personaxe máis destacado: Plotino. É un sistema panteísta (afirma que o TODO é o UN; eso quere dicir que todo está divinizado. Este UN ven a ser a idea platónica de Ben) e emanatísta (todo xorde do UN, é dicir, igual que no volcán sae a lava, todo sae dun; todo está divinizado. O UN flúe constantemente, segundo Plotino).
Filosofía e Cristianismo
- Asimilación por parte do cristianismo da teoría de existencia do outro mundo, existencia do mundo intelixible de Platón; o neoplatonismo sitúao no UN.
- O mundo sensible de Platón que era feito á imaxe e semellanza das ideas será unha expresión permanente do cristianismo, xa que este mundo é semellante ao mundo de Deus porque Deus creou o mundo.
- A participación platónica vai a ser utilizada polos filósofos cristiáns cando afirman que a continxencia (aquelo que existe pero podería non existir ou aquilo que non existindo pode chegar a existir) deste mundo ou a continxencia dos seres creados non posúen por si mesmos o seu ser senón que o reciben por participación do ser creador. A vía da percepción é unha vía que utiliza Tomé de Aquino para explicar o mundo.
- Utilización do demiúrgo de Platón, que ven a ser reinventado desde o punto de vista da creación; agora o demiúrgo é o que crea o mundo.
- A inmortalidade da alma de Platón vai ser asimilada polo cristianismo, pero hai dúas causas que o cristianismo non acepta de Platón: que a alma xa existía (preexistencia) e as encarnacións das almas. Para eles, hai un creacionismo total; non existe a encarnación.
- Platón dicía que o destino da alma era o mundo intelixible a través da purificación. O cristianismo acéptao, pero non de todo, xa que as almas teñen un compromiso no mundo (persoal).
- A alma en Platón: A alma en Platón tiña un xuízo e, cando chegaba a ese xuízo, tiñan premios e castigos. Pero no cristianismo hai un xuízo persoal e un universal; cando o mundo se acabe, a parte disto fálase da resurrección dos corpos, é dicir, o corpo e a alma van estar unidos ao final dos tempos. Isto é incompatible coa teoría platónica.