Introducción á Literatura Popular Galega: Orixe, Xéneros e Características

Otras lenguas extranjeras6,04 KB

Que é un texto?

Un texto é unha unidade de comunicación total, sen unha extensión determinada.

Clases de textos

Segundo o canal de transmisión, poden ser orais ou escritos:

  • Orais: individuais (discurso, conferencia) e colectivos (conversación, entrevista, debate).
  • Escritos: artigo periodístico, novela, cartas.

Orixe e evolución da lingua galega

O galego deriva do latín e é unha lingua románica, neolatina ou romance, traída polos romanos. A conquista iniciouse no 137 a.C. e rematou entre os anos 29-19 a.C. coa conquista do emperador Augusto. A Galicia romana integrouse na Lusitania, despois na Hispania Citerior, até quedar como provincia de Gallaecia.

Voces patrimoniais

Son voces que se incorporaron na época da colonización romana e sufriron todas as evolucións que caracterizan o paso do latín ao galego.

Cultismos

Palabras que proceden do latín e do grego e que penetraron tardiamente no galego. Apenas sufriron modificacións: mantén a mesma forma grega ou latina, ou modificáronse pouco para adaptarse á fonética galega.

  • Do grego: dinamykos → dinámico
  • Do latín: lacteum → lácteo

Semicultismos

Palabras que sufriron certas evolucións, pero non todas. Están a medio camiño entre as voces patrimoniais e os cultismos.

  • platam → plata

Elementos de substrato

Son palabras das linguas prerromanas, que corresponden ás linguas preceltas e ao celta.

  • Do celta (uso común): camiño, bico, lousa
  • Topónimos: Viascón
  • Hidrónimos: Sar
  • Pobos preceltas: parra, toxo, carballo

Elementos de superestrato

Son as palabras que proceden dos pobos posteriores aos romanos, que corresponden ás linguas xermánicas e á lingua árabe.

  • Invasións xermánicas: a partir do s. V, en Galaecia asentáronse os suevos e despois os visigodos.
  • Árabes: a principios do s. VIII; a súa estancia foi máis breve que no resto da península.

Nacemento do galego-portugués

Despois das influencias da lingua xermánica e árabe, a partir do s. IX o galego era un idioma diferenciado do latín. Recibe este nome por ser o idioma que se falaba en Galicia e Portugal. A data aproximada é o s. XI.

Literatura popular

É o conxunto de textos, formas e xéneros variados transmitidos oralmente polo pobo de xeración en xeración. Forma parte da vida do ser humano desde moito antes da invención da escritura: os pobos tiveron a necesidade de crear e contarse relatos mitolóxicos. Esta literatura oral antecede á literatura escrita e a súa orixe despois convive con ela.

Características da literatura popular

  1. Transmisión oral.
  2. Carácter anónimo: os textos son creados por artistas individuais, por iso o autor carece de importancia.
  3. Variabilidade: moitas versións a partir dun texto orixinal.
  4. Expresión sinxela e pouco artificiosa.
  5. Función: divertir, entreter, ensinar, ridiculizar.

A interpretación destes textos pode ser de forma falada (contos), asociándoos á música (cantigas, danza, muñeiras), representación teatral (Entroido).

Século XVIII e o interese pola literatura popular

No s. XVIII, en Europa, despertou o interese pola literatura popular e fixéronse recompilacións de textos literarios que até entón só se difundían oralmente. É o caso de Charles Perrault, Hans Christian Andersen e os irmáns Grimm, que descubriron unha semellanza entre literaturas.

Literatura popular galega

Desde finais do s. XVIII, os ilustrados manifestan o seu interese pola cultura do pobo, que pasa a considerarse unha actividade artística. Así, estes textos comezan a ser estudados, recuperados e fixados por escrito, e hoxe están dispoñibles en edicións dixitais.

Os xéneros da literatura popular

É unha tradición moi rica, xa que existe unha gran variedade de textos de diferentes temáticas e xéneros, formada por prosa, verso e, en menor medida, textos teatrais ou parateatrais.

Literatura popular en prosa

Contos

Relato en prosa, unha historia inventada que non se sitúa nun tempo nin nun lugar determinados, a non ser que o narrador sitúe os feitos nun lugar coñecido dos oíntes para captar a súa atención e xogar coa verosimilitude. Os personaxes poden ser humanos normais e correntes, animais ou fantásticos. A súa finalidade é divertir, entreter e tamén transmitir distintos valores. Segundo o seu contido, pódense clasificar en contos marabillosos, contos de animais e contos de costumes.

Lendas

Relato en prosa no que a historia se presenta como un feito real, con pretensión de verosimilitude. Os feitos acontecen nun tempo determinado e localízanse nun lugar concreto. Os personaxes son seres con poderes sobrenaturais e a súa finalidade é transcendental: pretenden explicar feitos naturais ou históricos. Segundo o tema tratado, distínguense lendas etiolóxicas, lendas hagiográficas e lendas históricas.

A literatura en verso

Está formada por textos moi diversos:

  • Adiviñas: definición enxeñosa de algo coñecido, pero ocultando o significado mediante metáforas, símiles, símbolos e outros procedementos da linguaxe poética.
  • Refráns: ditos agudos que recollen a cultura, as crenzas populares e os prexuízos.
  • Trabalinguas: exercicios de pronunciación nos que se reúnen palabras longas e difíciles, a veces carentes de significado.
  • Cantigas: composicións breves destinadas ao canto.

Descargar

PDF Word HTML