Lingua Galega: Orixe, Historia e Influencias Lingüísticas

Otras lenguas extranjeras3,22 KB

Definición da lingua galega

Definición: A lingua galega é unha lingua románica do tronco lingüístico indoeuropeo, que se fala en Galicia, Asturias, León e Estremadura. Durante moito tempo foi considerada dialecto do castelán ou do portugués, polo que non foi ata o ano 1988 cando se fixo unha descrición completa da lingua (Lexikon der Romanistischen Linguistik).

Lingua románica

O galego presenta un carácter conservador respecto do latín: conserva varios ditongos, os tempos verbais simples e a existencia de 7 sons vocálicos.

O nacemento da lingua

1. Substrato

O substrato é a influencia exercida por unha lingua substituída sobre a lingua que a substitúe. Entre os pobos antecesores aos romanos distínguense dous grupos:

  • Preindoeuropeos (cultura da pedra): deles procedent palabras como carrasco, carballo, morote ou amorodo.
  • Indoeuropeos (cultura dos metais, celtas): deles procedent palabras co sufixo -ego (galego), o topónimo Galicia e vocábulos como berce, billa, cervexa, así como influencias fonéticas.

Influencias fonéticas do substrato

  • A) Sonorización de consoantes xordas intervocálicas: CATA = CADA.
  • B) Simplificación de consoantes latinas dobres: ANNU = ANO.
  • C) Evolución do grupo latino CT a IT: NOCTEM = NOITE.

2. Estrato latino

Falamos de estrato para referirnos ao latín: dicimos que o galego é unha lingua románica xa que provén do latín, concretamente do latín vulgar. Esta lingua conseguiu afianzarse no noso territorio grazas a que os invasores rexeitaron aprender outras linguas, xa que aprender latín era un requisito indispensable para obter a cidadanía romana, que outorgaba privilexios. Ademais, a súa superioridade cultural e o cristianismo impartíase en latín.

3. Superestrato

O superestrato é a influencia exercida por unha lingua invasora que non consegue vencer a autóctona. Diferénciamos dous superestratos:

A) Superestrato xermánico

Destacan dous pobos, os suevos e os visigodos. Hoxe resulta moi difícil diferenciar os xermanismos dos unhos e dos outros. Obtemos:

  • Antropónimos: Afonso, Alberte, Elvira.
  • Topónimos: Samil.
  • Léxico: guerra, roubar.

B) Superestrato árabe

A súa presenza en Galicia foi escasa; os arabismos chegan procedentes do castelán e do portugués.

  • Topónimos: A Atalaia.
  • Guerra: aldea, alguacil.
  • Construción: albanel.
  • Oficios: albeite.
  • Agricultura: laranxa, limón.

Descargar

PDF Word HTML