A Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Cantigas de Amor, Cancioneiros e Trobadores

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,02 KB

Cantigas de Amor: O Xénero Central da Lírica Trobadoresca

Definición e Características

O cabaleiro expresa os seus sentimentos a unha muller, á que lle chama senhor e da que está namorado. É o xénero máis vencellado á lírica provenzal.

Orixe e o Amor Cortés

A orixe das Cantigas de Amor reside no amor cortés da cançon provenzal. A lírica provenzal é a expresión literaria da teoría do amor cortés. O namorado ten que seguir as normas estritas do amor cortés:

  • O feito de que a senhor fose unha muller aristocrática fai que o amante-trobador tivese que ter a prudencia que esta lle impón (non dicir o seu nome).
  • O namorado ten que mostrar a súa submisión cara á súa amada, á que considera perfecta.

Normalmente diríxese á amada, pero outras veces diríxese ao amor personificado, a Deus ou aos amigos para falarlles do seu sufrimento amoroso.

Tema Central

O tema central é a coita amorosa (o sufrimento por amor). As excepcións temáticas inclúen o amor non correspondido.

Os Cancioneiros Medievais Galego-Portugueses

Os cancioneiros son follas compiladas e escritas a man por copistas, e moitos deles están ilustrados. Consérvanse tres que pertencen a épocas diferentes:

Principais Compilacións

  1. Cancioneiro de Ajuda

    Está en Lisboa. É do s. XIII-XVI. Contén 310 cantigas, a maioría de amor.

  2. Cancioneiro da Biblioteca Nacional

    Está en Lisboa, pero foi copiado en Italia no s. XVI sobre o orixinal do anterior, hoxe desaparecido. Contén 1.700 pezas de todos os xéneros.

  3. Cancioneiro da Vaticana

    Consérvase na Biblioteca do Vaticano, onde foi atopado. É unha copia do s. XVI sobre o orixinal anterior desaparecido. Contén 1.200 composicións de todos os xéneros.

Autores e Intérpretes da Lírica Trobadoresca

A nobreza e os reis ocupaban o seu tempo libre realizando festas nas que se cantaba e se bailaba. A creación e interpretación das cantigas estaba distribuída en diferentes roles sociais:

Roles e Funcións

Trobador
Membro da nobreza que no seu tempo de lecer compoñía cantigas. Ás veces tamén as interpretaba.
Segrel
Pertencía á fidalguía. Interpretábanse as súas pequenas cancións, tarefa pola que esperaban algún beneficio.
Xograr
Estaba na nobreza máis baixa. Era o intérprete nas prazas e castelos das cantigas que compoñían os trobadores, moitas veces acompañado dalgún instrumento musical, traballo polo cal cobraba.
Menestrel
Músicos que actuaban acompañando a declamación das cantigas perante o auditorio.
Soldadeira
Mulleres que participaban no espectáculo acompañando os xograres con cantos e bailes. A máis citada nas cantigas foi María Balteira.