Literatura Galega do Exilio e Posguerra: Autores e Obras Clave
A Lírica do Exilio e a Creación Cultural no Extranxeiro
A produción literaria e cultural no exterior mantivo viva a voz de Galicia durante os anos máis duros. As publicacións periódicas, os medios de comunicación e as manifestacións artísticas foron piares fundamentais para a cohesión da comunidade expatriada.
Revistas Literarias
- Correo Literario
- Galicia Emigrante
- Vieiros
Coros e Teatro
- Orfeón Gallego
- Compañía de Varela
Radio
- Recordando Galicia
- Galicia Emigrante
Autores Destacados do Exilio
- Luis Seoane: Fardel de eisiliado, Na brétema, Sant-Iago, As cicatrices, A maior abondamento. Destaca polo seu compromiso ético coa realidade social e humana de Galicia.
- Lorenzo Varela: Catro poemas para catro gravados, Lonxe.
A Lírica da Xeración do 36
Os autores desta etapa naceron entre 1910 e 1920 e formáronse baixo a influencia directa da Xeración Nós e das vangardas. A súa traxectoria vital viuse fortemente marcada pola guerra, converténdose nunha ponte vital entre a literatura de preguerra e as promocións máis novas.
Na súa poesía seguen tendencias moi variadas: neotrobadorismo, paisaxismo, poesía cívica e intimismo.
Principales Autores e Obras
- Aquilino Iglesia Alvariño: Señardá, Corazón ao vento, Cómaros verdes, De día a día.
- Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra, O soño sulagado, Antipoemas, Viaxe ao país dos ananos.
- Xosé María Álvarez Blázquez: Cancioneiro de Monfero, Canle sagrado.
A Lírica da Promoción de Enlace
Nados entre 1920 e 1930, a súa formación produciuse nas adversas circunstancias dos primeiros anos de posguerra. Por esta razón, carecen da influencia directa da Xeración Nós ou das vangardas de preguerra. Foron nos seus comezos escritores bilingües e combinan a expresión social coa angustia existencial.
Principales Autores e Obras
- Antón Tovar: Non, Arredores, Calados esconxuros, O vento no teu colo.
- Luz Pozo Garza: O paxaro na boca, Códice Calixtino, Prometo a flor de loto, As arpas de Iwerddon, Vida secreta de Rosalía.
A Xeración das Festas Minervais
Nados entre 1930 e 1940, esta promoción non chegou a coñecer directamente a guerra. Déronse a coñecer nos certames literarios celebrados en Santiago nos anos 50 (as festas minervais). Teñen como mestres aos autores da Xeración do 36 e ás figuras históricas ligadas á Editorial Galaxia.
A súa produción maniféstase en dúas liñaxes poéticas sucesivas, cuxo punto de inflexión vén marcado pola publicación de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro:
- A Escola da Tebra: Poesía intimista onde o poeta se presenta en conflito co mundo. Os temas principais son a morte, a soidade e a desesperanza.
- O Socialrrealismo: Poesía de denuncia social centrada en temas como a opresión, a guerra e o sentimento de identidade de Galicia.
Principales Autores e Obras
- Manuel María: Muiñeiro de brétemas, Aduento, Terra Chá, Documentos persoais, Cancións de lusco ao fusco, A primavera de Venus.
- Bernardino Graña: Poema do home que quixo vivir, Profecía do mar, Non vexo Vigo nin vexo Cangas, Se o noso amor é os peixes..., Himno verde.
- Uxío Novoneyra: Os eidos, Os eidos 2, Poemas caligráficos, Muller pra lonxe, Tempo de elexía.
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Voces na néboa, Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, Exótica, Estirpe, Contra o máis do mesmo (Contra macieiro).