Literatura galega do pre-rexurdimento: Frei Sarmiento, Sobreira e o cura de Fruime

Otras lenguas extranjeras5,06 KB

Ilustración en Galicia

Frei Benito Xerónimo Feijoo: demostrou que o idioma galego non era un dialecto do castelán, senón que era unha lingua irmá xemelga do portugués e irmá e veciña do castelán. Unha lingua que é produto da evolución do latín, unha lingua románica.

Frei Martiño Sarmiento (Pedro José García Balboa):

O maior estudoso de Galicia neste século, case sempre desde o castelán, traballou e escribiu sobre os máis variados temas e disciplinas: historia, pedagoxía, botánica, etimoloxía... Realizou estudos sobre o galego, defendeu este idioma e tratou de dignificalo reivindicando o dereito a ser usado en igualdade con calquera das outras linguas peninsulares.

O padre Sarmiento indicou a necesidade de ensinar aos nenos galegos en galego e non en castelán, lingua que non comprendían con corrección, xa que o idioma inicial que aprendían era o galego. Tamén aconsellaba aos cregos a predicación e a confesión na lingua galega.

Compuxo co pseudónimo de O tío Marcos da Portela 1201 cuartetas de versos hexasílabos. Coloquio de Perico e Marica ou Coloquio de 24 gallegos rústicos, hoxe publicadas baixo o título de As coplas galegas do padre Sarmiento. Catro rapaces empregados en Madrid falan da morte de Felipe V e da subida ao trono de Fernando VI.

O padre Sobreira:

Escribiu textos sobre a xeografía de Galicia e traballou na idea dun dicionario galego co título de Glosario General de la Lengua Gallega. Consideraba vergoñento que o galego carecese del cando as outras linguas da península ibérica o tiñan.

O padre Sobreira foi un dos primeiros en detectar a existencia da modalidade lingüística que coñecemos hoxe polo nome de "castrapo", especialmente presente nesa época na fala dos habitantes das cidades e vilas máis poboadas.

O cura de Fruime (Diego Antonio Cernadas e Castro):

Fixo escritos agudos e graciosos sempre en defensa de Galicia. A súa obra foi unha crítica contra as inxustizas das que Galicia era vítima. Os seus escritos foron recollidos en sete volumes e publicados despois da súa morte co título: Obras en prosa e en verso do cura de Fruime.

Literatura do pre-rexurdimento (1º terzo do século XIX)

Escritos da guerra contra os franceses:

  • Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento: romance anónimo. Panfleto propagandístico en verso que trata de animar aos mozos galegos a loitar en defensa da patria e da relixión contra o invasor francés.
  • Proezas de Galicia, José Fernández Neira: relato que consiste na conversa entre dous amigos que dialogan sobre fazañas dos galegos nas loitas contra os franceses. No libriño relátanse accións bélicas nas que participou o autor, realzando o valor dos galegos para que servise de exemplo aos restantes españois.

Escritos políticos propagandísticos:

  • Os rogos dun galego establecido en Londres, Manuel Pardo de Andrade: romance que consiste nunha crítica contra o absolutismo e contra o estamento clerical.
  • Diálogos propagandísticos: escritos críticos populares baixo a forma dun diálogo. Reflíctese unha suposta conversa entre varios interlocutores que opinan sobre temas da sociedade e da política do momento. A función desta literatura é didáctica: pretendíase que a xente do pobo entendese mellor as mensaxes políticas. O tío Farruco, Diálogos na Alameda de Santiago, Tertulia de Picaños.
  • Peza teatral: A casamenteira, Antonio Benito Fandiño: peza teatral creada no cárcere de Santiago. Sainete en verso para catro persoas, trata o tema dos casamentos amañados ou por interese. Ten certas similitudes con La Celestina.

Descargar

PDF Word HTML