Literatura galega do século XIX: Rosalía de Castro, Pondal e o Rexurdimento

Otras lenguas extranjeras7,12 KB

Literatura galega do século XIX

Os primeiros textos do século fan referencia a circunstancias políticas e históricas.

  • A guerra da Independencia contra os franceses dá lugar aos primeiros textos en galego. Neles animábase á poboación a participar na loita contra os invasores (Proezas de Galicia trata da guerra contra os franceses).
  • As disputas entre absolutistas e liberais dan lugar a textos de carácter propagandístico, como La Tertulia de la Quintana de Santiago.
  • Obras máis puramente literarias serían A Casamenteira, Égloga de Belmiro e Benigno.

Xoán Manuel Pintos escribe A gaita gallega, primeiro libro escrito en galego do século XIX, en castelán e galego, prosa e verso; Contos da aldea e Historia da vila ou Historias da vila e contos da aldea, narración en prosa de tema amoroso. Francisco Añón, autor de poesías costumistas e patrióticas, en xornais de 1839, A Galicia, obtén un accésit nos Xogos Florais. Alberto Camino, Antonio e Francisco María de la Iglesia.

Trazos da poesía de Rosalía de Castro

Ton sincero, temas da morte, o suicidio e o desengano amoroso. Na súa escrita trata a denuncia social, o acto solidario e a crítica á sociedade. Non hai actitude escapista, senón identificación coa realidade.

  • Defender os valores morais e sociais dos galegos.
  • Defender a cultura e o galego.
  • Denunciar as inxustizas realizadas aos galegos e a Galicia.
  • Reivindicar os dereitos da muller.

Cantares Gallegos (1863) é o primeiro libro escrito íntegramente en galego do Rexurdimento. Rosalía, voz protagonista e personaxes galegos, folclórico.

  • Reivindicar a validez do galego, combater a mala imaxe de Galicia, denunciar o maltrato e a marxinación dos galegos e de Galicia.

Prólogo (pide perdón polos defectos que poida ter e explica por que o libro está en galego) e epílogo (introdución e despedida).

  • Poesía folclórico-etnográfica: o máis abundante; hai poemas costumistas e de amor.
  • Poesía social/patriótica: tratan da marxinación dos galegos; algúns teñen ideoloxía galeguista.
  • Poesía intimista: expresa vivencias e sentimentos persoais, marcada pola soidade e pola desgraza.

Follas Novas (1880)

Publicado en Madrid, con prólogo en prosa e 137 poemas clasificados en 5 libros e estes en dous apartados, tendo en conta o suxeito poético.

  • Lírica solitaria ou subxectiva: Vagadanzas (manifesta o seu estado de ánimo) e ¡Do íntimo! (reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas sobre o paso do tempo, a perda das ilusións...).
  • Lírica solidaria ou obxectiva: Da Terra (Rosalía deixa clara a súa identificación co pobo galego) e As viúvas dos vivos e as viúdas dos mortos (céntrase na emigración e nas causas que a provocan).
  • Libro ponte: Varia (40 p.).

Eduardo Pondal

O banquete de Conxo foi unha reunión clandestina na que participaron estudantes, artesáns e intelectuais para protestar e logo espallar proclamas democráticas. Pondal leu os seus primeiros poemas, nos que ataca os privilexios da aristocracia e chama ao pobo a rebelarse contra a tiranía.

Eoas: longo poema narrativo no que se aladan as fazañas de Colón e dos mariñeiros que presuntamente lle acompañaron a América. Pondal traballou durante toda a vida neste poema, inspirándose en Os Lusíadas. Non chegou a publicalo pola neurose progresiva que sufría polo medo ao fracaso. Características do poema: o gran parecido cos Lusíadas.

Celtismo

Cre que a base étnica do pobo galego é celta, fronte ao substrato étnico castelán, que é ibero. Os antigos celtas serían os nosos devanceiros, a orixe da estirpe ou "raza" galaica. Idea defendida por Murguía. Os seus poemas fan alusión, en ton épico, aos feitos dos heroes celtas. Con este recurso ao pasado mítico celta, o poeta presentaba a Galicia como un pobo con historia propia e cun pasado glorioso.

Bardismo

Pondal atribúese a si mesmo o patriótico e aristocrático papel de "bardo" do pobo galego. Os bardos eran os que gardaban e transmitían poeticamente a sabedoría da tribo e informaban do seu pasado ás novas xeracións. Pondal concibe a súa obra como unha especie de revelación aos galegos do seu pasado celta glorioso, que debería ser estímulo e orgullo para loitar contra a opresión presente de Galicia. Este papel orixina unha actitude de autoexaltación por parte do poeta e un sentimento de superioridade, mais tamén é unha tarefa ingrata.

Ramón Cabanillas e Aires da Miña Terra

Foi o poeta cívico pola súa actitude de compromiso con quen sufría os males do seu tempo. Foi atacado polo seu ton anticlerical, que figura en Aires da Miña Terra.

  • Poemas sociais ou cívicos: o grupo fundamental da obra; defende as súas ideas progresistas e protogaleguistas, e tamén ideas galeguistas e celtistas, e expón críticas á sociedade do seu tempo.
  • Poemas íntimos e de circunstancias: teñen a súa orixe nalgún acontecemento persoal ou nalgunha desgraza da vida do autor.
  • Poemas costumistas: son tres poemas cos que gañou o certame literario de Ourense.

Divino Sainete

Divino Sainete é un poema de carácter satírico e burlesco, parodia da Divina Comedia. Critica as institucións de goberno, os sectores reaccionarios da sociedade e a Igrexa católica. Desenvolve unha defensa do Rexurdimento e das súas principais figuras e reivindica o dereito á existencia dunha literatura galega autónoma. Satiriza inimigos persoais: Curros, Añón, o xuíz Mella e o bispo Cesáreo Rodrigo.

Descargar

PDF Word HTML