Literatura Galega do Século XX: Evolución, Noriega Varela e Ramón Cabanillas
A Literatura Galega do Século XX
Etapas principais
- Anterior a 1916: Caracterízase pola continuación das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimento (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal). O xénero máis cultivado é a poesía, con temas intimistas e costumistas. Nesta etapa destaca Antonio Noriega Varela.
- Entre 1916 e 1936: Prodúcese unha renovación da literatura que vai mudando progresivamente. Aumenta o cultivo da narrativa, o teatro e o ensino. Destaca a figura de Ramón Cabanillas. O Grupo Nós continuará o labor de difusión e reivindicación da lingua galega.
Antonio Noriega Varela
Estudou no Seminario e foi mestre. Vencellouse ao movemento agrario e compuxo algúns poemas sobre o tema. É o autor do libro Montañesas (1904), que máis tarde cambiou o seu título por Do ermo.
Temáticas da súa poesía
- Costumismo ruralista: Describe paisaxes, costumes e circunstancias da vida dos labregos.
- Lirismo da natureza: Canta os aspectos máis humildes da paisaxe.
Publicou tamén unha recompilación de cantigas populares en honra da Virxe e unha colección de refráns e cantares populares.
Ramón Cabanillas
Estudou no Seminario Menor de Santiago. En 1910 emigra á Habana, onde publica os seus dous primeiros libros de poesía: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
En 1916 regresa a Galicia e participa nas Irmandades da Fala e no Grupo Nós. Coñecido como o "Poeta de raza", vincúlase ao nacionalismo e á Acción Gallega, converténdose no poeta do movemento agrarista cos seus poemas de ton anticaciquil.
En 1920 ingresa na RAG (Real Academia Galega) e en 1929 na RAE (Real Academia Española). Despois da Guerra Civil volve escribir obras en galego.
A súa obra
Poesía
Conxuga a tradición literaria procedente dos escritores do século XIX coas novas correntes anovadoras do seu tempo.
- Poesía lírica: Na liña de Curros e Rosalía.
- Cívica: De carácter agrarista, anticaciquil e nacionalista. É a súa poesía máis representativa.
- Intimista: Aborda temas amorosos, lembranzas do pasado e a identificación coa natureza, sendo continuadora de Rosalía.
- Costumista: Describe paisaxes, tipos e costumes rurais desde unha perspectiva crítica ou humorística.
- Poesía narrativa: Na liña de Pondal, con temática mítica e de reivindicación nacional. Inclúense:
- Na noite estrelecida: Lendas da corte do rei Artur e a busca do Graal polos cabaleiros da Táboa Redonda.
- O bendito San Amaro: Narra os acontecementos principais da vida deste santo.
- Samos: Describe a vida dos monxes deste mosteiro.
Teatro e outras achegas
As Irmandades da Fala deron moita importancia ao teatro, destacando as seguintes obras de Cabanillas:
- A man da santiña: Unha comedia amorosa de fidalgos.
- O mariscal: Un drama en verso de intención política.
Ademais, publicou Antífona da cantiga e realizou diversas traducións ao galego de textos de autores de diferentes épocas.