Literatura Galega: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 2,99 KB

Follas Novas de Rosalía de Castro

Follas Novas iníciase cun prólogo en prosa e está composta por 137 poemas organizados en 5 libros: Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos.

Podemos distinguir dous grupos temáticos:

  • Poesía subxectiva
  • Poesía obxectiva

Resulta un libro innovador non só pola súa temática, senón tamén pola gran liberdade e complexidade métrica. Rosalía escribe utilizando combinacións métricas ou diferentes estrofas.

Eduardo Pondal

Naceu en Ponteceso en 1835. A súa primeira publicación en galego leva por título A campana de Anllóns, no Álbum de la caridad.

Características principais

  • Bardismo, celtismo e helenismo.
  • Predominio da poesía de carácter épico.
  • Poesía lírica e intimista onde aparece o sentimento amoroso e personaxes populares.
  • Importancia da paisaxe: as árbores presentan un valor simbólico, xa que representan o noso pasado e simbolizan a inmortalidade.

Pondal morre na Coruña. Entre as súas obras destacan:

  • Queixumes dos pinos: composto por 91 poemas nos que aparece a reivindicación do noso glorioso pasado celta, a loita pola dignidade e a defensa da lingua galega.
  • Os Eoas: composta por trescentas octavas reais de versos hendecasílabos.

Manuel Curros Enríquez

Naceu en Ourense e participou na revolución de 1868. En Cuba, participou na creación da Real Academia Galega. Na Habana vive o desastre de 1898 e a perda da colonia por parte do Estado español. Morre na Habana.

Aires da miña terra

As liñas fundamentais desta obra son a defensa do progreso, a denuncia da inxustiza e o abuso de poder, o ataque ao fanatismo relixioso e o anticlericalismo.

Temática

  • Poemas sociais.
  • Poemas intimistas.
  • Poemas costumistas.

O Divino Sainete é un poema narrativo de tipo satírico no que o autor parodia a Divina Comedia de Dante. Está composta por 512 tríades de versos octosílabos con rima asonante.

Conceptos gramaticais

  • Conectores textuais: Narración, descrición, diálogo e exposición.
  • Verbo: Expresa unha acción que se realiza ou acontece no tempo. Ten persoa, número, tempo e modo.
  • Pronomes: Palabras que substitúen aos substantivos.
  • Perífrase verbal: Categoría constituída por dúas formas verbais que desempeñan conxuntamente a función de núcleo do sintagma verbal.
  • Adverbio: Expresan lugar, tempo, modo, cantidade, afirmación ou negación.
  • Preposicións e Conxuncións: Serven para relacionar palabras ou grupos de palabras.