Literatura galega dos séculos escuros: contexto histórico, poesía, narrativa e teatro

Otras lenguas extranjeras3,26 KB

Prosa xurídica e didáctica

Sábese de múltiple tradución ao galego-portugués dos tratados xurídicos latinos, castelán... Tamén coñecemos textos didácticos e ordenanzas municipais e gremiais. Algúns deles son:

  • Tratados sobre as enfermidades e o coidado dos animais: Tratado de albeitaría, sobre os cabalos, ou Libro de falcoaría, sobre os falcóns, ambos do s. XV.
  • Regulamentos gremiais: Libro de cambadores de Santiago, s. XV.

Galicia nos séculos escuros

Chámase así o período de literatura que abarca desde finais do s. XV ata principios do s. XIX.

Contexto histórico

No ámbito político

Tras a morte do rei Henrique IV, a finais do s. XV orixinouse unhas loitas sucesorias pola coroa de Castela entre Xoana a Beltraneja, filla do rei e apoiada por Portugal e pola maior parte da nobreza galega, e Isabel a Católica, irmá do rei e apoiada pola coroa de Aragón e a nobreza castelá. A vitoria da contenda sorriulle a Isabel, e comezou unha forte represión contra os nobres galegos que apoiaran a Beltraneja. Un bo exemplo foi a prisión e execución do mariscal Pedro Pardo de Cela, señor de Mondoñedo.

Apareceu un novo grupo social: a fidalguía. A sociedade galega seguía a ser igual que na Idade Media, é dicir, unha sociedade de clases:

  • O campesiñado traballaba as terras mediante un contrato de foro, e moitas veces os impostos eran tan altos que os levaban á pobreza e á miseria. Isto provocou algunhas revoltas populares ou a emigración.
  • A fidalguía situábase entre a nobreza e o campesiñado, actuando como intermediaria no cobro das rendas. Foi unha das clases dominantes que subsistiu ata a época contemporánea.

Decadencia da poesía trobadoresca

  • Escola galego-castelá: composicións recollidas no Cancioneiro de Baena, tenzós. Autores máis destacados: Alfonso Álvarez de Villasandino e Arzobispo de Toro.
  • Escola galego-portuguesa: composicións recollidas no Cancioneiro Geral de García de Resende.

Poesía popular e tradicional

Anónima tradicional e anónima de circunstancias: O pranto da frouxeira e O saqueo de Cangas polos turcos.

Poesía culta e erudita

Poesía renacentista e barroca.

A narrativa

A lenda e o conto.

Teatro

  • Entremés da Biblioteca Browne (1593): atopado no 2001 e inserido nunha comedia en castelán, A comedia de la sortija.
  • Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671): escrito por Gabriel Feijoo de Arauxo, trata o enfrontamento entre galegos e portugueses pola pesca no río Miño.

Os ilustrados

  • Padre Martín Sarmiento: compuxo as Coplas galegas ou Coloquio de 24 rústicos.
  • Padre Benito Jerónimo Feijoo: a súa obra é pedagóxica.
  • Diego Antonio Cernadas e Castro: máis coñecido como o Cura de Fruíme.
  • María Francisca Isla e Losada: autora da Romance ao señor abade de Fruíme.

Descargar

PDF Word HTML