Literatura Gallega Contemporánea: Autores Clave y la Nueva Narrativa

Otras lenguas extranjeras4,77 KB

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro naceu en 1911. Estudou en Santiago, daquela comezou o seu labor literario plasmado en 3 importantes libros de poesía: "Mar ao norde", "Poemas do si e non", "Cantiga nova que se chama riveira".

Na Guerra Civil dedicouse ao xornalismo. Fundou a editorial Galaxia e, animado polo seu amigo Fernández del Riego, comezou a escribir textos narrativos en galego:

  • "Merlín e familia"
  • "As crónicas do sochantre"
  • "Se o vello Sinbad volvese ás illas"

Traballou no xornal Faro de Vigo, do que chegou a ser director, e publicou 3 libros: "Escola de menciñeiros", "Xente de aquí e acolá" e "Os outros feirantes". En 1991 dedicouselle o Día das Letras Galegas.

Obras teatrais

  • "Dona do corpo delgado"
  • "Herva aquí ou acolá"
  • "A noite vai coma un río"
  • "O incesto señor Don Hamlet príncipe de Dinamarca"

Ánxel Fole

Ánxel Fole naceu en 1903 e estudou Dereito. Cando iniciou a Guerra Civil, xa estaba introducido no Partido Galeguista. A represión da guerra fixo que marchase ás terras do Courel (zonas montañosas e mal comunicadas) nas cales permaneceu durante anos.

En 1953 regresou a Lugo e comezou a traballar como xornalista no xornal "El Progreso". En 1997 dedicouselle o Día das Letras Galegas.

Obras narrativas

As catro principais son:

  • "A luz do candil"
  • "Terra brava"
  • "Contos de nebla"
  • "Historias que ninguén cre"

Nos seus libros emprega unha lingua recollida das Terras do Courel. Fole móstrase como un gran contador de contos.

A Nova Narrativa Galega

Foi un movemento renovador da narrativa que se produciu entre 1954 e 1970. Caracterízase por:

  • Estar protagonizado por autores e autoras con formación universitaria.
  • Cambiar as formas tradicionais.
  • Renunciar á linearidade e á localización espacial concreta.
  • Utilizar espazos urbanos, apartando o ruralismo.
  • Rexeitar os argumentos lóxicos.
  • Introducir temas como o sexo ou a violencia.
  • Recibir influencia de escritores franceses como Camus e Joyce.

Autores destacados

Nun primeiro momento, o autor máis destacado do momento foi Gonzalo R. Mourullo. Logo virían nomes como Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Camilo Gonsar, Xohán Casal e Mª Xosé Queizán.

Xosé Neira Vilas

A pesar de non pertencer á Nova Narrativa, Neira Vilas escribe neste período un verdadeiro éxito editorial nas nosas letras:

  • "Memorias dun neno labrego"
  • "Cartas a Lelo"
  • "Aqueles anos do Moncho"

Xosé Luís Méndez Ferrín

É unha figura clave para entender a narrativa e a poesía da segunda metade do século XX. Naceu en 1938 e estudou en Santiago e Madrid.

En narrativa, Ferrín publicou o seu primeiro libro "Percival e outras historias", ao que seguiron "O crepúsculo e as formigas" e a novela "Arrabaldo do norte". Publicou tamén relatos breves como "Elipsis e outras sombras" e a novela "Antón e os inocentes".

A partir de 1980 publicou algunhas das súas mellores obras:

  • "A raia do alba"
  • "Arnoia, Arnoia"
  • "No ventre do silenzo"

Poesía

  • "Con pólvora e magnolias"
  • "Estirpe"
  • "Era na selva de Esm"
  • "Contra Maquieiro"

Carlos Casares

Entrou en contacto co galeguismo. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial, e finou no 2002. Casares cultivou sobre todo a narrativa:

  • "Vento ferido"
  • "Cambio en tres"

En 1975 aparece "Xoguete pra un tempo prohibido", novela onde fai un retrato da súa xeración. Tamén publicou o libro de relatos "Os oscuros soños de Clío" e as novelas:

  • "Ilustrísima"
  • "Os mortos daquel verán"
  • "Deus sentado nun sillón azul"
  • "O sol de verán"

María Xosé Queizán e a Muller na Nova Narrativa

A Nova Narrativa foi marcada pola incorporación de voces femininas. Os dous nomes máis destacados son Xohana Torres, autora da novela "Adiós María", e sobre todo María Xosé Queizán.

Queizán naceu en 1939. Publicou a súa primeira novela "A orella no buraco" e, anos despois, "Amor de tango", "Meu pai vaite matar", "A boneca de Blanco Amor" e o poemario "Cólera".

Descargar

PDF Word HTML