A Literatura Medieval Galego-Portuguesa: Cantigas e Prosa
Cantiga de Escarnio e Maldicir
Introdución
Son poemas satíricos e burlescos, onde os trobadores critican a sociedade medieval sen facer distinción de clase social ou de profesión. A través da ironía, do sarcasmo ou da burla, son criticados os infanzóns, as soldadeiras, as monxas, os cregos e, incluso, os propios trobadores.
Tipos
Cantigas de Escarnio
Aquelas en que se critica algo ou alguén de forma encuberta e irónica, con dobres sentidos.
Cantigas de Maldicir
Aquelas en que a burla se fai mediante unha linguaxe directa e explícita.
Orixe
Débese á combinación dun xénero popular galego que aínda pervive actualmente, as composicións satíricas de entroido, e un xénero burlesco provenzal, o sirventés.
Tema
O seu obxectivo era satirizar diferentes aspectos da sociedade daquela época.
Tipos de Sátira
Sátira Social
Faise burla de todas as clases sociais sen excepción. É moi recorrente a crítica aos chamados infanzóns, fidalgos de menor categoría que son satirizados por aparentaren ser de clase social alta a pesar de estaren arruinados.
Sátira Política
Ridiculízase a covardía dos nobres cristiáns na guerra contra os musulmáns.
Sátiras Sexuais
Son escenarios contra monxas, cregos e soldadeiras por manteren relacións sexuais.
Sátira Literaria
Búrlanse dos principais tópicos das cantigas de amor e amosan unha forte crítica contra outros trobadores pola falta de pericia creativa.
Sátira Moral
Critícanse determinados vicios da época, como a mentira ou a corrupción.
Recursos Formais
Non presentan diferenzas formais coas cantigas de amigo e de amor: hai de refrán e de mestría. Para identificalas, debemos fixarnos no contido, xa que non rexistran ningunha palabra que funcione como marca de xénero.
Cantiga de Santa María
Introdución
Conxunto de 427 cuxo obxectivo é loar a Virxe María. Realizado baixo a dirección do rei Afonso X o Sabio, que tamén é o autor dun bo número delas. As coleccións de milagres en lingua latina comezaron no século VI, mais foi no XI cando a Igrexa potenciou o culto á Virxe María como protectora dos cabaleiros que marchaban ás cruzadas contra os árabes, agora xa en linguas romances. O obxectivo era duplo: relixioso e propagandístico de determinados santuarios.
Tipos de Cantigas de Santa María
Cantigas Líricas ou de Loor
Son 66 textos de loanza á Virxe María escritos ao xeito das cantigas de amor, empregando tópicos propios destas. Servían de acompañamento ás celebracións eclesiásticas.
Cantigas Narrativas ou de Milagres
Relatan un milagre da Virxe e teñen intención didáctica. Comezan cun conxunto breve de versos que resumen a ensinanza da cantiga e serven de refrán; aparece narrado o milagre e, finalmente, acaba coas loanzas á Virxe, moitas veces postas en boca dun pecador arrepentido.
Xéneros Menores da Lírica Medieval
Pastorelas
Poemas nos que dialogan unha pastora e un cabaleiro, que lle pide o amor a aquela.
Tenzóns
Composicións dialogadas nas que dous trobadores discuten sobre un tema.
Prantos
Poemas nos que se loan as virtudes dunha persoa morta, que normalmente foi alguén relevante socialmente.
Prosa Medieval Galego-Portuguesa
Na Idade Media tamén se produciron textos narrativos en lingua galego-portuguesa. Traducións de novelas escritas noutras linguas.
Períodos de Traducións
Prosa Galego-Portuguesa (séculos XIII e XIV)
Novelas cabaleirescas de tema artúrico.
Prosa Galega (finais do século XIV e século XV)
Obras de tres temáticas: sobre a guerra de Troia, sobre os milagres de Santiago e libros de historia.