Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal: Poetas do Rexurdimento, ideoloxía e obras principais
Manuel Curros Enríquez
Curros Enríquez, Manuel
Gran poeta do Rexurdimento pleno xunto con Pondal e Rosalía de Castro. Denuncia os males sociais.
Características e ideoloxías
A súa poesía baséase en tres ideoloxías principais:
- Progresismo: poeta social que defende a liberdade e os dereitos individuais. Ataca a intolerancia, a censura, a pena de morte e os abusos.
- Compromiso social: cre que ten a misión de denunciar as inxustizas; póñese ao lado dos que sofren e quere ser a voz dos que non a teñen.
- Anticlericalismo: ataca á Igrexa Católica, o Papa, os Xesuítas...
Poesía costumista
Poesía costumista
Unha voda en Einibo, O gaiteiro de penalta e A virxe do cristal; os dous primeiros están influídos por Rosalía de Castro. Hai inspiración no romanticismo español e o máis logrado son as situacións — diálogos, monólogos, descricións — e emprega moi ben a lingua popular.
Poesía cívica
Poesía cívica
Considera ao poeta como un oráculo de humanidade, a voz do pobo. Séntese cómodo en estas composicións e predominan as ideas de liberdade, democracia e progreso.
Poesía lírica
Poesía lírica
Os momentos líricos da súa obra atópanse espallados na poesía cívica. Van dende a elegía ata composicións que manifestan ledicia en momentos familiares, e tamén escribe textos fermosos dedicados a Rosalía de Castro.
Eduardo Pondal
Eduardo Pondal
A formación poética de Pondal transcorre na tradición romántica, pero vai incorporando o simbolismo e o parnasianismo.
Obras destacadas
As obras de Pondal inclúen: A campana de Anllóns, Rumores de los pinos (poemario bilingüe, obra fundamental), O Domaio de Dombate — e Os Eoas, obra épica centrada en Colón e no descubrimento de América.
Celtismo
Celtismo
Cumpre o papel de buscar as razóns obxectivas da diferenza galega: cren que a historia do pobo galego se atopaba nas raíces atlánticas das nacións celtas e non na latinidade.
Helenismo
Helenismo
Inflúe na presenza dos nomes gregos dos seus personaxes: reconstruúe algúns episodios helénicos e emprega motivos como recursos retóricos de arenga, cunha estética dura e adusta e unha idea de morte digna. O helenismo influíu moito en Queixumes dos pinos.
Obra: Os Eoas
Durante toda a súa vida perfeccionou esta obra, polo que non existe unha versión definitiva dela. Antes de morrer entregou os orixinais á Academia Galega.
O tema central é o descubrimento de América polos fillos de Aurora, os Eoas. Está escrita en oitavas reais e está influenciada polo diario de Colón. Trátase dunha epopea heroica que toma como referente a epopea da navegación ibérica e obras de Luís de Camões.