Morfología, toponimia, abreviaturas y literatura galega: Séculos XV-XVIII

Otras lenguas extranjeras4,03 KB

Características da poesía

Musicalidade e ritmo: consíguese mediante a repetición sistemática dalgún aspecto formal. Utilízan con frecuencia o verso libre, que non ten rima nin medida fixa ou determinada; a musicalidade búscase por outros medios.

Poder evocador: o poeta pretende non só que o lector comprenda, senón que viva as experiencias por el descritas. Son fundamentais as imaxes e as metáforas.

Autenticidade e sinceridade: se o que transmite non responde a un estado anímico certo e verdadeiro, dificilmente o poeta atopará o ton adecuado ao tema que trata.

Toponimia

Os topónimos son os nomes propios de lugar. Do seu estudo ocúpase a toponimia.

  • Segundo a orixe: a maioría proceden do latín, con abundancia de termos de procedencia prerromana.
  • Segundo o seu significado: diferenciamos aqueles que se refiren a características xeográficas dun lugar (ríos e augas, vexetación), núcleos de poboación, santos, construcións, apelidos ou nomes de persoas.

Abreviaturas

As abreviaturas son representacións reducidas de palabras ou enunciados.

  • Simples: unha soa palabra.
  • Compostas: por máis dunha palabra.
  • Dobres: letra inicial repetida de dous termos en plural (EE.UU.).

Características

  • Escríbense sempre con punto final.
  • Manteñen as características ortográficas da palabra plena.
  • Non teñen lectura propia: hai que ler a palabra completa.

Literatura galega dos séculos XV-XVII

A literatura galega durante a Idade Media cambia radicalmente e inicia un longo período de decadencia, que se prolongará durante os séculos XVI ao XVIII. Son de carácter oral, anónimo e popular, aínda que hai algunhas de autor.

Poesía

Cantigas e romances populares transmitíanse oralmente en feiras e romarías. Moitas sobreviven no noso folclore e outras acabaron por desaparecer. A partir dos séculos XVIII e XIX comezaron a ser recollidas por escrito.

Poesías de circunstancias: composicións anónimas en forma de romance ou coplas sobre feitos históricos e sociais que causaron un grande impacto na sociedade do momento.

Textos renacentistas e barrocos dos séculos XVI e XVII destacan: Soneto de Monterrei, Décimas ao apóstolo Santiago do crego Martín Torrado, Exequias da raiña Margarida, Arancana Nación e, tamén, nove romances presentados en 1697 ao concurso das Festas Minervais.

Panxoliñas e cantigas de Nadal foron moi populares e interpretáronse en moitas igrexas e catedrais, tanto na nosa terra como en Toledo, Lisboa, etc. Presentan unha galeguización do tema do Nadal, baseándose na similitude léxica entre galego e galego-portugués. Moitos vilancicos son anónimos, pero outros coñecemos os seus autores.

Prosa

Dentro da narrativa oral temos que incluír os contos e lendas. Conservamos un texto do século XVI que narra a execución de Pardo de Cela, indicando os 23 traidores que o venderon.

Teatro

Neste período existiu unha forte tradición teatral, pois o teatro era un dos máis importantes elementos de ocio daquel tempo. Conservamos dúas pezas breves e fragmentarias.

Século XVIII

  • Frei Martiño Sarmiento realiza importantes estudos sobre a lingua galega e recompila abundante léxico. A súa obra máis representativa é o Coloquio de 24 galegos rústicos, composto por 12 + 12 coplas de tema satírico.
  • Diego Antonio Cernadas e Castro, coñecido como o Cura de Fruime, foi autor de 24 poemas en galego nos que fai unha loanza da nosa terra.
  • Outros autores desta época son Xosé Cornide e Saavedra, Francisca da Illa e Losada e os irmáns Plácido e Anselmo Feijoo.

Descargar

PDF Word HTML