Os mortos daquel verán resumen

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,01 KB

CONTEXTO HISTÓRICOEn Galicia asistimos a unha serie de transformacións sociais e económicas (revoltas xuvenís, forte éxodo rural, emigración cara ao interior de España, a zonas como Bilbao e Cataluña, e unha importante emigración cara a Centroeuropa, a lugares como Suíza, Alemaña…).A NARRATIVA
Cultívase fundamentalmente o xénero narrativo e dentro deste observamos tres tendencias: * Consolidación de autores como ÁLVARO CUNQUEIRO, ÁNXEL FOLE, E. BLANCO AMOR.* Aparece XOSÉ NEIRA VILAS como representante da narrativa realista.* Xorde a Nova Narrativa Galega (NNG) que incorpora as técnicas experimentadas en Europa e Norteamérica.A NOVA NARRATIVA GALEGACarácterÍSTICASa) É un movemento que trata de romper co ruralismo e coas estratexias narrativas tradicionais.B) Está formada por universitarios que non viviron a Guerra Civil.C) Incorporan nova temática (mesturan o mundo onírico e o real), novos enfoques (técnica obxectalista, pespectivismo múltiple)d) Ruptura da linealidade temporal.E) Publican a súa obra dentro da colección “Illa Nova”, pertencenta á editorial Galaxia.
REPRESENTANTES DA NNGCARLOS CASARES, MÉNDEZ FERRÍN E Mª XOSÉ QUEIZÁN, entre outros.* CARLOS CASARES.- Entre as súas obras podemos citar: O sol do verán, Ventó ferido e Os mortos daquel verán.Son obras moi traballadas técnicamente e escritas cunuha linguaxe moi clara.* XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN.- Entre as súas obras podemos citar: O crepúsculo e as formigas, Amor de Artur, Esmeraldina. Escribe unha prosa onde se mestura a dureza co lirismo cunha temática moi variada.* Mª XOSÉ QUEIZÁN.- Entre as súas obras destaca A orella no buraco. É unha obra marcada polo emprego da técnica obxectalista. Amáis destes autores, cómpre citar outros representantes como GONZALO R. MOURULLO, CAMILO GONSAR e XOHÁN CASAL. A NARRATIVA REALISTA. XOSÉ NEIRA VILAS É o máximo representante desta tendencia. A súa obra máis representativa é Memorias dun neno labrego, na que conta a vida de Balbino, un rapaz de aldea, chea de penurias e de miseria. A súa narrativa carácterízase por narrar a vida dos emigrantes galegos en América e dos labregos do noso país.

Entradas relacionadas: