A Narrativa Galega do Século XX: Innovación, Temáticas e Autores Clave

Otras lenguas extranjeras3,15 KB

A Narrativa Galega do Século XX: Innovación, Temáticas e Autores Clave

É xente formada na universidade, mais en lingua castelá. As lecturas en galego foron escasas, porén son un grupo de autores cunha formación na literatura mundial contemporánea e que incorporan referencias aos autores clásicos do século XX (Kafka, Joyce e Faulkner) e aos movementos innovadores da época, como a literatura do absurdo ou o Nouveau Roman.

Características Formais e Temáticas

Innovacións Formais

  • O monólogo interior (corrente de conciencia)
  • O obxectalismo (narrador que actúa como unha cámara)
  • A ruptura da linealidade temporal (flashback, in media res, flashforward)
  • O multiperspectivismo (o lector ten que recompoñer a acción a partir da testemuña dos narradores)

Temáticas Recorrentes

  • O existencialismo relacionado coa morte, a angustia e a violencia
  • A denuncia social e a oposición ao franquismo
  • A exaltación ao franquismo
  • A exaltación do nacionalismo
  • O feminismo

A deshumanización nas técnicas e nas temáticas desemboca en ambientacións de mundos míticos, e a escrita en clave, ambientada en tempos e lugares inventados, que pretenden unha burla da censura para poder dicir, dun modo connotativo, o que tiñan prohibido en modo denotativo.

Autores e Obras Representativas

“Retorno a Tagen Ata” de Ferrín é unha alegoría política arredor do sentimento nacionalista. Introdúcense tamén novos xéneros, como a novela de vaqueiros (“A morte de Frank González” de Xosé Fernández Ferreiro) ou a novela negra.

Entre os autores máis importantes destaca Gonzalo R. Mourollo, con “Nace unha árbore” e “Memorias de Trains”. Camilo Gonsar escribe “Cara a Times Square” e Carlos Casares, “Vento Ferido”, “Cambio en tres”, e “Xoguetes para un tempo prohibido”.

Fundamental é Xosé Luís Méndez Ferrín, quen escribe “Percival e outras historias” dende os mundos míticos artúricos, “Retorno a Tagen Ata” (alegoría política) e “Arrabaldo do norte”, unha obra existencial.

O Papel da Muller na Literatura Galega do Século XX

Por último, debemos mencionar a importancia do papel da muller, que paradóxicamente, dado que é unha literatura fundada por unha Muller (Rosalía), quedara baleira durante o século XX. A literatura feminina vai ser introducida por Xohana Torres e María Xosé Queizán.

Conclusión: Legado e Normalización da Narrativa Galega

Como conclusión, cabe dicir que a elevada calidade dos textos destes anos permitiu a normalización do xénero e sentou as bases para o que hoxe é a narrativa galega máis actual, da que moitos destes autores forman parte.

Descargar

PDF Word HTML