A narrativa galega de posguerra: A obra literaria de Ánxel Fole

Otras lenguas extranjeras3,26 KB

A narrativa de posguerra: Ánxel Fole

Na narrativa de posguerra, ademais da extraordinaria obra de Cunqueiro, salienta a figura de Ánxel Fole. Foi este un mestre do relato curto que soubo sintetizar a riqueza temática e estilística da tradición oral galega, enriquecéndoa coas influencias dalgúns dos autores que admiraba, en especial o norteamericano Edgar Allan Poe.

Fole naceu en Lugo en 1903. Cando se iniciou a Guerra Civil, xa estaba introducido nos círculos culturais e políticos ligados ao Partido Galeguista. A represión desatada tras a guerra fixo que marchase ás terras do Courel e do Incio, zonas montañosas e mal comunicadas do sur da provincia nas que permaneceu moitos anos. Finou en 1986.

A obra narrativa de Fole

Os catro libros principais que publicou son volumes de contos. Os dous primeiros:

  • Á lus do candil
  • Terra Brava

Están estreitamente relacionados porque reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio e recorren a unha estrutura narrativa semellante, como é a de recoller os relatos que narran as persoas ao lado da lareira.

Os libros da que se podería chamar segunda etapa do autor son:

  • Contos da néboa
  • Historias que ninguén cre

Ambientados no mundo urbano da cidade de Lugo. Neles atopamos tamén un certo ton de humor.

Estilo, lingua e temática

Nos seus libros emprega unha lingua rica e enxebre, xa que o seu galego é recollido entre as xentes das terras do Courel, con abundantes dialectalismos e barbarismos. Fole móstrase na súa obra baixo a figura dun contador de contos.

Nos seus contos conflúen as referencias á realidade material e concreta de Galicia (paisaxe, festas, costumes, etc.) e aquelas que proveñen da cultura espiritual (crenzas, supersticións, etc.). Retrata unha Galiza misteriosa e máxica, na que cobran relevancia tres aspectos fundamentais:

  • As experiencias parapsicolóxicas (alucinacións, aparicións, etc.).
  • As crenzas tradicionais (bruxaría, medicina popular, etc.).
  • As supersticións de raizame relixiosa, como a Santa Compaña.

Trazos estilísticos da narración oral

A súa narrativa caracterízase por recoller algúns dos trazos estilísticos e estruturais propios da narración oral tradicional. Así temos:

  • A voz narradora preséntase como testemuña.
  • A narración en espiral: un conto leva a outro e así sucesivamente.
  • No tramo final do relato dáse unha conclusión de carácter didáctico.

Características da lingua

En canto á lingua:

  • Abundante uso de refráns.
  • O galego utilizado aparece mesturado con frecuentes barbarismos e dialectalismos, na tentativa de recoller a fala real.

Descargar

PDF Word HTML