A Nova Narrativa Galega: Características, Autores e Obras Representativas
A NOVA NARRATIVA GALEGA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS
A intensa acividade cultural do primeiro terzo do século XX foi interrompida pola guerra e a represión exercida nos primeiros anos da ditadura. No 1950 créase a editorial Galaxia coa que se inicia a lenta recuperación da literatura en galego, publicándose obras de autores e tendencias moi diversas. Nela estréase nos 60 unha xeración de autores/as chamada Nova Narrativa Galega (NNG).
Con este nome coñécese ao conxunto de obras datadas entre 1954 (Nasce un árbore de Gonzalo Mourullo) e 1971 (Adios, María, de Xohana Torres), coas que se produce a renovación e posta ao día da nosa narrativa, superan os modelos existetes e incorporan novos temas técnicas da narrativa universal.
Os autores da NNG só participan desta tendencia na súa primeira etapa como narradores, xa que a partir dos 70 xorden personalidades literarias particulares e diversas. Estes autores caracterízanse por ser bos coñecedores da literatura publicada noutros países (xa que toman como referentes os grandes narradores europeos e americanos que revolucionaran a narrativa universal no s.XX, como Kafka, Joyce, John dos Passos, Faulkner, e referencias francesas como os autores do Nouveau Roman, Proust e os existencialistas Sartre e Camus) e pola súa formación universitaria.
Os aspectos renovadores máis significativos das obras da NNG son:
Empregan unha lingua renovada, adaptada ao mundo urbano e á sociedade moderna.
Os personaxes soen ser antiheroes, atormentados e dominados por instintos primarios (violencia, irracionalidade...).
Adoptan novos puntos de vista, coma a multiplicidade de voces narrativas e o enfoque múltiple, con predomino das formas variadas de primeira persoa (protagonista, testemuña, monólogo interior...).
Tratan temas ausentes na narrativa galega anterior como o illamento do individuo, o absurdo, a angustia, o sexo, a soidade, a violencia, a irrealidade... que reflecten a alienación e deshumanización da sociedade occidental e denuncian e describen simbolicamente a opresión franquista.
Predominan os espazos urbanos (reais e imaxinarios) e os ambientes claustrofóbicos e deshumanizados e oníricos ou irreais.
Empregan o obxectalismo, que lle concede gran importancia aos obxectos, descritos minuciosamente.
Prodúcese a ruptura da linealidade temporal con analapses e prolepses.
Entre os autores e autoras máis representativos da NNG destacan:
Gonzalo Rodríguez Mourullo, autor dous libros de relatos inaugurais da NNG con Nasce un arbre (1954) e Memorias de Tains. Nelas mestura realidade e ficción baixo a clara influencia de Kafka, nun ambiente absurdo e angustioso.
Camilo Suárez Llanos. Autor de Lonxe de nós e dentro (cinco relatos existencialistas), ou a novela Como calquera outro día, que trata o modo de vida e as inquedanzas dos mozos de inicios dos 60. Baixo o pseudónimo Camilo Gonsar e fóra da estética da NNG nos anos 80, publicou Cara a Times Square e Desfei Arredor de non.
Méndez Ferrín nos libros de relatos Perceval e outras historis e O crepúsculo e as formigas, busca a modernización ca técnica e o cultivo dunha temática culturalista arredada da realidade. Ca súa primeira novela, Arrabaldo do norte, achégase ao obxectalismo de orixe francesa.
-Nos 70, elabora unha narrativa simbólica de temática política e social, mestura a realidade e ficción nas novelas Retorno a Tagen Ata (onde crea unha mitoloxia persoal que aparecerá en moitas obras posteriores, metáfora de Galicia que está en loita pola liberdade) e Antón e os relatos Elipsis e outras sombras e Crónica de Nós.
-Dende os 80 publica libros de madurez. Xa sexan novelas: No ventre do silencio, Bretaña Esmeraldina; ou libros de relatos: Crónica de Nós, Amor de Artur, que o consagran como un clásico, tanto por abordar unha temática variadísima (mestura de realidade e fantasía, chea de referencias culturais e míticas e simbolismos); como polos ambientes misteriosos e de terror, polo estilo (dominio da lingua e técnicas narrativas, cunha combinación peculiar de dureza e lirismo), e polos personaxes antiheroicos e problemáticos nun mundo hostil e violento.
Carlos Casares. Na primeira etapa, procura a renovación técnica e temática, pero escribe unha literatura máis realista cá os seus coetáneos. Reflicte a sociedade do seu tempo baixo a intolerancia e a represión do franquismo nos relatos de Vento ferido ou na novela Xoguetes para un tempo prohibido (retrato da súa xeración).
Na segunda etapa (de madurez), abandona a NNG e emprega técnicas máis tradicionais. Comeza co libro de relatos Os escuros soños de Clío, no que recrea de forma realista ambientes históricos e no que dominan os personaxes enfrontados á inxustiza, falta de liberdade, etc. Salientan as novelas Ilustrísima, sobre a traxedia dun bispo; Os mortos daquel verán, acerca da guerra civil, e O sol do verán, historia intimista dun amor desgraciado.
Coa promoción da NNG as mulleres incorpóranse plenamente á narrativa galega:
María Xosé Queizán, estrearse coa novela obxectalista Coa orella no buraco. Converteuse na pioneira da narrativa progresista e feminista (foi a iniciadora do feminismo galego no ensaio), amosando unha intención provocadora e decadentismo en novelas como Amor de tango ou Ten o seu punto a fresca rosa. Na súa ultima novela, Meu pai vaite matar, domina unha perspectiva antipatriarcal e feminista.
Xohana Torres segue a modernización técnica do grupo, pero tematicamente achégase máis ao realismo social en Adiós María, novela protagonizada por unha moza que vive os problemas da época (o choque do mundo urbano co rural, os problemas do proletariado vigués, a emigración, etc).