Palabras Homófonas e Homógrafas en Galego: Ortografía, Acentuación y Semántica
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,13 KB
Palabras homófonas e homógrafas en galego
á (a + a artigo; das aves) - a (artigo; pron. átono; preposición)
ás (a + as artigo; das aves; da baralla) - as (artigo; pron. átono)
besta (arma antiga) - besta (animal)
bola (esfera, pelota) - bola (peza de pan)
cá (conxunción ca + artigo a) - ca (conxunción)
cás (conxunción ca + artigo as) - cas (preposición)
chá (plana) - cha (che + a)
chás (planas) - chas (che + as)
có (conxunción ca + o) - co (con + o)
cós (conxunción ca + os) - cos (con + os)
cómpre (de cumprir) - compre (de comprar)
cómpren (de cumprir) - compren (de comprar)
dá (de dar) - da (de + a)
dás (de dar) - das (de + as)
dó (compaixón, loito; nota musical) - do (de + o)
é (de ser) - e (conxunción)
fóra (adverbio) - fora (de ser ou de ir)
má (mala) - ma (me + a)
más (malas) - mas (me + as)
máis (adverbio) - mais (conxunción)
nó (atadura) - no (en + o)
nós (pron. tónico; ataduras) - nos (pronome átono)
ó (a + o) - o (artigo; pronome átono)
ós (a + os) - os (artigo; pronome átono)
óso (do corpo) - oso (animal)
pé (do corpo) - pe (letra)
póla (rama) - pola (galiña; por + a)
pór (poñer) - por (preposición)
presa (apuro) - presa (dique, prendida)
sé (sede eclesiástica; imperativo de ser) - se (conxunción; pronome átono)
só (adv. e adx.) - so (preposición)
té (infusión) - te (pronome átono; letra)
vén (de vir) - ven (de ver)
vés (de vir) - ves (de ver)
vos (pron. tónico) - vos (pronome átono)
Diptongos e hiatos
Diptongo: unión de dúas vogais na mesma sílaba.
- O diptongo decrecente está formado por vogal aberta + vogal fechada.
- O diptongo crecente está formado por vogal fechada + vogal aberta.
- O diptongo homoxéneo está formado por dúas vogais fechadas.
Hiato: formado por dúas vogais que constitúen sílabas diferentes. Pode ser:
- Dúas vogais abertas;
- Unha forte e unha pechada tónica;
- Dúas pechadas e a segunda tónica.
Acentuación
- Os diptongos e hiatos formados por dúas vogais fortes seguen as regras xerais de acentuación, pero hai excepcións: as palabras agudas rematadas en diptongo decrecente non levan til (colleu, abriu, amou). As palabras graves rematadas en diptongo decrecente sí que levan til (amábeis, estábeis).
- As vogais I e U tónicas, cando forman parte dun hiato, acentúanse para indicar que forman sílaba por si mesmas (aí, saír, Luís). Inclúense os casos en que I ou U forman hiato coa vogal precedente e diptongo coa seguinte (síu, contribuíu).
- Para indicar que a I átona non forma diptongo na cuarta e quinta persoa dos copretéritos de indicativo dos verbos rematados en -aer, -oer, -aír e -oír, úsase a dièresis (ca-ï-á-mos). Deste xeito distínguense do presente de subxuntivo (caiamos), nas que I forma diptongo coa vogal seguinte: ca-ia-mos.
Significado, significante e referente
Significado: descrición. Significante: imaxe acústica do que pronunciamos. Referente: o obxecto (por exemplo, libro).
Denotación e connotación
- Denotación: é o significado obxectivo dunha palabra illada do contexto. É o resultado da relación entre o significante da expresión e o significado. O significado obxectivo é o que aparece nos dicionarios (perro: animal de compañía).
- Connotación: resulta de engadir outros significados adicionais derivados do uso dunha palabra en diferentes contextos socioculturais (perro: desleal, tacaño).
Campo semántico
Conxunto de palabras da mesma categoría gramatical que coinciden nun trazo significativo denominado arquisema (cores: azul, branco...).
Definición de palabras
Substantivo
Comeza por un hiperónimo e despois polas características: piano: instrumento musical de corda percutida...
Adxectivo
Comeza pola expresión "calidade que indica...". Doado: calidade que indica que resulta fácil de facer.
Verbo
Comeza por "acción de..." ou por outro verbo. Peneirar: pasar por unha peneira.
Adverbio
Utilízase unha locución preposicional. Dabondo: en cantidade que abonda.
Sinonimia
- Absolutos: son intercambiables en calquera contexto: beizo e labio.
- Parciais: son intercambiables só en determinados contextos.
Antonimia
- Complementarios: vivo-morto, femia-macho, falar-calar.
- Graduais: nova-vella, frío-calor, alta-baixa.
- Recíprocos (de xénero): alumno-a.
Polisemia e homonimia
Polisemia: refírese a unha soa palabra que ten varios significados: banco (de peces, de diñeiro).
Homonimia: cando dúas ou máis palabras teñen a mesma forma na escritura (homógrafas: vela-vela) ou o mesmo son (homófonas: baca-vaca).
Hiperonimia
Hiperónimo: flor. Hipónimos: rosa, caravel, camelia...
Tabús e eufemismos
- Tabú: conceptos desagradables ou inconvenientes.
- Eufemismo: palabras que teñen o mesmo concepto que o tabú pero sen a mesma carga negativa.