A Poesía das Irmandades da Fala: Ramón Cabanillas e Noriega Varela

Otras lenguas extranjeras3,97 KB

A Poesía das Irmandades da Fala

Empeza unha nova etapa formada polos seguidores de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal. Creáronse as Irmandades da Fala. As dúas figuras máis importantes deste período foron Ramón Cabanillas e Noriega Varela.

1. Ramón Cabanillas

É intimista. Emigrou a Cuba, onde se publicou o himno galego. Tivo contacto cos intelectuais galeguistas. Ingresou na Real Academia Galega (RAG) e máis tarde na Real Academia Española (RAE). Participou no Partido Galeguista e foi candidato ás Cortes Constituíntes. Instalouse en Madrid na época da Guerra Civil.

Produción Literaria

  • Lírica: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, O bendito San Amaro, Na noite estrelecida, A rosa de cen follas, Camiños no tempo, Da miña zafona, Samos.
  • Teatro: A Man de Santiña, O Mariscal.
  • Prosa: Antífona da cantiga.

Influencias Estéticas

A súa estética ten influencia de poetas clásicos greco-latinos, grandes mestres do Rexurdimento, da tradición folclórica galega, do romanticismo europeo tardío, do simbolismo e postsimbolismo, do modernismo hispano de Rubén Darío e do saudosismo portugués de Teixeira de Pascoaes.

Etapas da Traxectoria Poética

  • Etapa de formación: Influencia de Basilio Álvarez. Publicou No desterro e Vento mareiro. Formalmente, nótase a influencia de Rosalía, Curros e Pondal.
  • Etapa galeguista: Comeza coa creación das Irmandades da Fala. Cabanillas asume a voz do poeta civil que loita polos intereses de Galicia e a súa pluma ponse ao servizo da difusión do ideario galeguista.
  • Etapa mitolóxica: Eleva a figura de Pardo de Cela.
  • Etapa de posguerra: Deixa de publicar e de escribir.

Liñas Poéticas

  • Poesía lírica:
    • Poesía intimista: A rosa de cen follas é unha homenaxe a Rosalía.
    • Poesía cívica: A Basilio Álvarez, En pé!, Acción Gallega, A un cacique, Lume no pazo, A fouce esquecida.
    • Poesía costumista: Fala de costumes rurais (Vento mareiro, No desterro).
  • Poesía narrativa: O bendito San Amaro, Na noite estrelecida. Poemas narrativos: A espada Escalibor, O cabaleiro do Sant Grial e O soño do Rei Artur.

2. Noriega Varela

Naceu en Mondoñedo. Estudou no Seminario, ía ser cura e acabou sendo mestre. Isto fixo que fora por toda Galicia e coñecese moita xente, como a Villar Ponte. Entrou en contacto co movemento agrarista e formou parte da redacción do periódico satírico Guau Guau. Estivo en contacto coa literatura portuguesa e formou parte do Grupo Nós. Nos últimos anos, xa totalmente decantado a favor das ideas do réxime franquista, considerou a súa escola como un exemplo.

Na súa obra destaca o seu único libro de poemas Montañesas, despois chamado Do ermo. A súa poesía é de carácter costumista e ruralista, pero tamén dun carácter máis culto e refinado.

Outros Autores Destacables

  • Victoriano Taibo: Costumismo, intimismo e poesía cívica. Da vella roseira.
  • Álvarez Limeses: Antre dous séculos, Versos gallegos.
  • Crecente Vega: Codeseira.

Descargar

PDF Word HTML