Poesía e Prosa Galega do Século XX: Irmandades da Fala, Vangarda e Grupo Nós
Poesía Irmandades da Fala
Durante o período das Irmandades da Fala (IF) aglutináronse os principais autores desta época. As figuras máis importantes desta época foron Ramón Cabanillas e Antonio Noriega Varela. Ao mesmo tempo, hai figuras que representan un papel secundario, os cales son Gonzalo López Abente e Victoriano Taibo.
Ramón Cabanillas
Cabanillas foi un dos escritores máis importantes da literatura galega, herdeiro de Rosalía, Curros e Pondal. O seu xénero preferido foi a poesía, aínda que tamén cultivou o teatro, a prosa poética, a literatura popular e a tradución.
A súa produción lírica abrangue Na noite estrelecida e No desterro. Cabanillas escribiu tamén dúas pezas teatrais: A man da santiña e O Mariscal. Na prosa destacan os seus discursos de ingreso nas Academias e algúns prólogos.
Etapas da súa traxectoria poética
- Etapa de formación: onde asumiu o seu compromiso de escribir en galego. Os temas desta etapa son de carácter descritivo e intimista, aínda que os máis coñecidos son sociais ou reivindicativos.
- Etapa galeguista: ten un tono didáctico e educativo, co fin de achegar ao pobo as ideas do galeguismo.
- Etapa mitolóxica: poesía empeñada en reconstruír o pasado mítico de Galicia.
- Etapa de posguerra: Cabanillas deixa de publicar e de escribir.
Liñas poéticas de Cabanillas
Distínguense dúas grandes modalidades: a poesía lírica e a poesía narrativa.
- Poesía íntimista: trata temas referidos ao amor, a natureza e a recreación de vivencias do pasado.
- Poesía cívica: recolle os postulados agraristas e o ideario das IF.
- Poesía costumista: fala de costumes rurais cunha nova perspectiva crítica e humorística.
Na poesía narrativa recrea un pasado cheo de esplendor e busca un futuro esperanzador para Galicia. As obras máis representativas son Na noite estrelecida.
Antonio Noriega Varela
Antonio Noriega Varela gozou dunha importante difusión no seu tempo. O título inicial da súa obra foi Do ermo. Na poesía de Noriega poden distinguirse dúas liñas que van evolucionando: a primeira etapa, de carácter costumista e ruralista, e a segunda, de carácter máis culto. Este franciscanismo é a manifestación literaria da profunda relixiosidade do autor, que concibe a súa obra como un canto a Deus, que ve nos elementos da natureza símbolos das virtudes cristiás.
Figuras secundarias
- Victoriano Taibo, cuxo primeiro libro é Abrente.
- Gonzalo López Abente, con Escumas da Ribeira.
Poesía Galega de Vangarda
Entre 1900 e 1930 desenvólvese en Europa unha serie de correntes estéticas denominadas ismos. Algúns destes ismos son: o futurismo, o cubismo, o dadaísmo, o surrealismo, o creacionismo e o ultraísmo. As vangardas favoreceron a cultura galega, enriquecéndoa con achegas europeas.
Cómpre distinguir dúas clases de tendencias vangardistas no dominio literario galego:
- A vangarda matizada: composta polo hilozoísmo e o neotrobadorismo.
- A vangarda plena: na que destacan o creacionismo, o ultraísmo e o surrealismo.
Hilozoísmo e neotrobadorismo
O hilozoísmo elixiu como tema fundamental a paisaxe galega. Luis Amado Carballo foi o mestre do hilozoísmo e publicou Proel e O galo.
O neotrobadorismo baseouse na tradición. Fermín Bouza Brey publicou Nao Senlleira (temas: amor, paisaxe e soidade) e Seitura.
Vangarda plena
Álvaro Cunqueiro cultivou o cubismo en Mar ao Norde, o surrealismo en Poemas do si e non e o neotrobadorismo en Cantiga nova que se chama riveira.
Manuel Antonio é a figura máis innovadora e avanzada das vangardas e un dos poetas máis iconoclastas da literatura galega. Escribiu o manifesto ¡Mais Alá!, dividido en catro partes: a primeira está dedicada ao pasado e ao presente da literatura galega; a segunda, a Valle-Inclán e aos seus imitadores; a terceira expón a individualidade; e a última fai unha chamada á mocidade. Na análise da súa poesía percíbese unha gran innovación en De catro a catro. Nesta obra iníciase unha vangarda plena polo seu carácter innovador, audaz e rupturista. No libro rastrexanse trazos futuristas, como a actitude ante as innovacións tecnolóxicas, aínda que a corrente que con maior facilidade se detecta nos poemas desta obra é o creacionismo.
A prosa do primeiro terzo do século XX
O Grupo Nós marcou un antes e un despois na historia da cultura galega. Os escritores que constitúen o grupo son Vicente Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Algunhas características que definen ao grupo son: a procedencia social acomodada, a rigorosa formación intelectual, o tradicionalismo e o pensamento liberal. Cos seus escritos intentan modificar o pensamento e as actitudes da sociedade galega e, por último, foron os creadores da prosa galega contemporánea.
Vicente Risco
A obra literaria de Risco abrangue diferentes xéneros: narrativa, ensaio e teatro. A narrativa é fundamentalmente didáctica e posúe unha gran carga ideolóxica, como en Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros e O porco de Pé.
Otero Pedrayo
Otero Pedrayo é un exemplo de escritor que cultivou case todos os xéneros literarios. Podemos clasificar a súa obra narrativa nos seguintes apartados:
- Novelas histórico-culturalistas
- Novelas e libros de contos histórico-realistas
- Novelas psicolóxicas
Entre as novelas destacan Os camiños da vida e Arredor de Sí.
Castelao
A súa produción narrativa comprende Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos e Os dous de sempre.
Os novecentistas
O narrador máis destacado do grupo foi Rafael Dieste, cuxa produción narrativa en galego se reduce a un só libro de relatos: Dos arquivos do trasno. Outros autores novecentistas son Fermín Bouza Brey e Luis Amado Carballo.