O prestixio das linguas e a prosa galega das Irmandades: Vicente Risco e o galeguismo literario

Otras lenguas extranjeras2,75 KB

O prestixio dos idiomas

Desde un punto de vista gramatical, todos os idiomas teñen unha estrutura que lles permite ser utilizados para calquera función comunicativa. Son as circunstancias sociais e políticas as que fan que haxa diferentes valoracións para diferentes linguas.

O prestixio dos idiomas débese a factores externos, e a valoración social pode mudar ao longo do tempo ou funcionar de forma totalmente contraria en varios territorios.

O prestixio dunha lingua está directamente relacionado coas funcións sociais que ese idioma desempeña na sociedade, cos ámbitos de uso e co seu recoñecemento legal. É dicir, a lingua que se use en contextos formais, teña presenza nos medios de comunicación e conte cunha cultura escrita, recibirá maior recoñecemento por parte dos falantes ca aquela que estea relegada só ao ámbito familiar.

Os prexuízos lingüísticos

Son xuízos de valor, emitidos ben sobre unha lingua, ben sobre os seus falantes. Estes prexuízos son opinións a favor ou en contra dunha lingua ou dos seus falantes que non teñen unha base razoable nin responden a unha realidade obxectiva.

A prosa da época das Irmandades

As Irmandades da Fala defenderon o galego como lingua de expresión da cultura moderna e do seu emprego en todos os contextos e situacións. Os prosistas máis destacados son Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao e Rafael Dieste.

Vicente Risco

Está considerado o ideólogo do grupo nos anos. A partir de 1917 achegouse ao galeguismo e ingresou nas Irmandades da Fala. Foi un personaxe fundamental para o nacionalismo galego da época e un dos seus principais teóricos. Foi un home de personalidade moi complexa.

Obra narrativa

Predomina o relato curto. A súa prosa parte do coñecemento da realidade etnográfica galega, foxe do costumismo e incorpora técnicas narrativas modernas, como a ironía e a sátira.

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Aveleiros: relato humorístico centrado nunha viaxe ao mundo ultratumba para devolverlle a vida a unha momia.
  • O lobo da xente e A trabe de ouro e a de alquitrán: dous relatos que recrean lendas da cultura popular galega, da que Risco era un excelente coñecedor.
  • Os europeos en Abrantes: unha sátira sobre personaxes urbanos, baixo os que se oculta a identidade de personaxes reais da vida ourensá.
  • O porco de pé: a principal obra narrativa do autor. Trátase dunha novela curta de intención satírica que narra o ascenso social de don Calcedonio, comerciante enriquecido e ignorante, e supón unha crítica á sociedade burguesa.

Descargar

PDF Word HTML