Principais enfermidades da visión
- Cegueira: perda de visión nun ou nos dous ollos. Pódese deber a causas xenéticas, accidentes, enfermidades ou á influencia de diversos axentes externos.
- Conxuntivite: é unha inflamación da conxuntiva causada por infeccións tanto víricas como bacterianas.
- Cataratas: prodúcense cando o cristalino se volve opaco. Nese caso a luz dispérsase dentro do ollo e non se pode enfocar.
- Daltonismo: é unha enfermidade conxénita na que as persoas que a padecen non distinguen algunhas cores.
- Anomalías refractivas: as máis frecuentes son a miopía, a hipermetropía e o astigmatismo.
Enfermidades da audición e do equilibrio
- Hipoacusia: é a diminución ou perda da capacidade auditiva. Pode ser conxénita ou estar provocada por diversas causas: infeccións no oído, accidentes, exposición continua a ruídos fortes.
- Vértixes: son sensacións de movementos ou de xiros ao redor dun mesmo. Débense a danos no oído interno ou no nervio vestibular.
Principais alteracións do sistema nervioso
- Trastornos psicolóxicos: como o estrés ou a depresión debidos a condicionantes sociais e ambientais, aínda que tamén por problemas orgánicos e características do individuo.
- Enfermidades dexenerativas: como o Alzheimer, onde os enfermos perden a memoria, a capacidade de pensar e a linguaxe. Frecuentemente ocorren en persoas maiores e aínda non existe un tratamento eficaz contra ela.
- Traumatismos: os traumatismos cranioencefálicos ou na columna vertebral poden causar danos irreversibles no cerebro ou na medula. Pódense producir parapléxias (parálise da metade inferior do corpo) e tetrapléxias (parálise das catro extremidades). Orixínanse por accidentes.
- Adiccións: o consumo de alcohol ou outras drogas causa danos irreversibles no sistema nervioso, xera adicción e créase unha dependencia tan forte cara a elas que é moi difícil deixar de tomalas.
Principais enfermidades do sistema endócrino
- Diabetes: débese a unha diminución da secreción de insulina polo páncreas.
- Hipotiroidismo: débese a que a glándula tiroide produce menor cantidade de tiroxina da que necesita o organismo, o que reduce a actividade metabólica das células.
- Hipertiroidismo: débese a unha excesiva produción de tiroxina. A actividade metabólica increméntase.