A Priori Histórico da Filosofía Actual: Condicións e Contexto do Pensamento Contemporáneo

Otras lenguas extranjeras2,58 KB

O a priori histórico da filosofía actual

Serie de conceptos que determinan e permiten o desenvolvemento da creatividade filosófica.

Condicións baixo as que se desenvolve a filosofía

  • Condicións externas: Intentar resumir os trazos característicos da nosa sociedade en tan pouco espazo é moi complexo.
  • Ferramentas de pensamento: O desenvolvemento nos campos do coñecemento (Bioloxía, Física) fai que os niveis de descrición e abstracción conseguidos na filosofía sexan de gran riqueza.
  • Centros de debate: Actualmente a filosofía desenvólese a través das universidades. Por outro lado, a revolución nos medios de comunicación permite o coñecemento mutuo e discusión entre os pensadores máis relevantes en congresos, blogs...
  • Autonomía dos pensadores: En Occidente, dende a promulgación dos dereitos liberais, aséntase a liberdade de cátedra e imprenta como baluarte para o desenvolvemento das ciencias, letras e artes.
  • Centros de atención intelectual: Son moitos, nos centraremos en 3 campos de problematización: realidade, forma dominante do pensamento e comprensión de nós mesmos.

A Realidade

Sucesos e cousas que son independentes á nosa vontade como animais e ríos, pero tamén como dereitos sociais, arquitectura, sexualidade...

Os pensamentos sobre a realidade pódense agrupar en:

  • Construción social da realidade: Din que a realidade está creada por unha serie de poderes sociais en función dos intereses determinados.
  • Relativismo subxectivista: A lóxica básica desta posición consiste en sinalar que, posto que a realidade é un construto social que defende unha serie de intereses, e nós falamos dende un punto de vista en defensa dun ou outro interese, quen pode establecer que o seu punto de vista é o acertado? Por iso, conclúen que a realidade en canto tal non existe, senón diversas posturas enfrontadas que, en canto que representan uns intereses propios, son todas válidas.
  • Obxectividade: Defende que a realidade natural está mellor descrita pola ciencia e que a realidade social está compoñesta de feitos institucionais ou sociais que son exteriores ao suxeito.

A Ciencia e o Positivismo

Positivismo: Segundo Augusto Comte, a ciencia é a acumulación de saber verificable que herdamos da historia e, ao ser verificable, preséntase neutral, xa que está ausente de todo interese particular.

Descargar

PDF Word HTML