Rafael Dieste, Manuel Antonio y las vanguardias en Galicia: autores, obras y corrientes poéticas

Otras lenguas extranjeras5,14 KB

Rafael Dieste

Naceu en Rianxo. Estudou maxisterio en Santiago de Compostela. Foi xornalista en medios galeguistas e estivo relacionado co Seminario de Estudos Galegos. Morreu en Rianxo.

Obra narrativa

Publicou a colección de contos «Dos arquivos do trasno», cunha técnica narrativa moi depurada e de moita orixinalidade.

Características

  • Son relatos breves relacionados coa morte, o misterio e o medo, ambientados nunha atmosfera máxica e irreal.
  • Os contos teñen unha raíz popular e moitas ambientacións galegas.
  • As historias son moi condensadas: a intensidade vai aumentando ata o final, estoupando a modo de clímax.

É autor tamén dunha peza dramática, «A fiestra valdeira», que trata do conflito entre o progreso material dun indiano e a súa renuncia ao seu pasado humilde como mariñeiro.

As vangardas

É un conxunto de movementos artísticos internacionais desenvolvidos entre 1910 e 1930, sobre todo en Europa. O obxectivo deste movemento é cambiar a idea clásica da arte como imitación da realidade, buscando novas formas de interpretar o mundo.

Principios xerais

  • Liberdade creativa: arte irracional e visionaria, expresando o mundo dos soños e a parte máis oculta do ser humano, o subconsciente.
  • A arte debe ser novidosa e orixinal, ter un sentido lúdico e transgresor, rompendo coas normas tradicionais.

Ismos: son diferentes movementos que forman as vangardas. Destacan: futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo e creacionismo.

A poesía da vangarda en Galicia

A mediados da década de 1920, a poesía galega entra na modernidade, asumindo o influxo dos movementos de vangarda e adaptándoos á nosa realidade social e cultural.

As liñas poéticas seguidas polos diferentes autores van desde os que asumen plenamente o vangardismo, como Manuel Antonio, ata os que reformulan a tradición lírica medieval ou a poesía popular. Podemos falar de 3 tendencias:

  • Vangardismo creacionista: Manuel Antonio.
  • Imaxinismo ou hilozoísmo: Luis Amado Carballo.
  • Neotrobadorismo: Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro.

Manuel Antonio

Naceu en Rianxo en 1900. Foi desde moi novo unha persoa comprometida e inconformista, vinculada ao nacionalismo das Irmandades do Grupo Nós. Só publicou un poemario, titulado De catro en catro (1928). Tamén foi autor, xunto con Álvaro Cebreiro, do manifesto «Máis Alá!» (1922), onde expresou o seu inconformismo vital e estético.

De catro en catro son dezanove poemas que mostran unha travesía marítima que representa tamén unha viaxe interior do ser humano. A súa técnica poética recolle a influencia vangardista, que concibía o poema como unha sucesión de imaxes.

Luis Amado Carballo

Naceu en Pontevedra (1901-1927). Publicou en vida «Proel» (1927) e de xeito póstumo «O Galo» (1928).

A súa poesía non supón unha ruptura total coa tradición, xa que nela mestura elementos tradicionais con outros máis innovadores, como a ausencia da figura humana nos poemas e a creación de imaxes sensoriais, que ofrecen unha visión plástica e humanizada dos elementos da natureza.

O neotrobadorismo consistiu nunha recreación libre dos temas amorosos e do estilo paralelístico das cantigas trobadorescas. Esta recreación inclúe o uso de metáforas e imaxes de inspiración vangardista ou popular, ofrecendo unha síntese de tradición e modernidade.

Álvaro Cunqueiro

Publicou «Cantiga nova que se chama Riveira» (1933), «Dona do corpo delgado» (1950), «Mar ao norde» (1932) e «Poemas do sí e do non» (1933).

Fermín Bouza Brey

Escribiu o poemario neotrobadorista «Nao senlleira» (1933).

Descargar

PDF Word HTML