O Rexurdimento: O Renacer Cultural e Literario de Galicia no Século XIX
O Rexurdimento: O Renacer Cultural e Literario de Galicia
O Rexurdimento foi un movemento cultural, social e literario que se desenvolveu na segunda metade do século XIX.
- Co obxectivo de dignificar a identidade galega.
- Inaugurouse coa publicación en 1863 da primeira obra escrita integramente en galego, Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e rematou en 1916.
A Situación da Cultura e da Lingua Galega
A mediados do século XIX apareceron as primeiras publicacións periódicas. Con todo, habería que esperar ata os anos setenta para ver xornais e revistas monolingües en galego.
Xurdiron as primeiras gramáticas e os dicionarios do idioma galego, que evidenciaban o traballo inxente destes intelectuais pola recuperación culta do idioma galego.
Igualmente destacables foron as primeiras editoriais galegas creadas na Coruña (como a Librería Gallega).
A Dignificación da Lingua Galega
No século XVIII xurdiron as primeiras voces que denunciaron a marxinación da lingua galega e os seus falantes. Entre estas voces destacou Frai Martín Sarmiento, quen propuxo medidas como:
- O ensino do galego e en galego.
- A obriga de coñecer e usar a lingua galega para os funcionarios civís e relixiosos destinados a Galicia.
No século XIX naceron os primeiros movementos que reivindicaron a identidade diferenciada de Galicia (o provincialismo e o rexionalismo).
Os primeiros autores do Rexurdimento tiveron que recorrer á lingua oral e adaptárona á escrita como puideron, aínda sendo conscientes das súas limitacións. Ante esta necesidade, non tardaron en aparecer os primeiros dicionarios e as primeiras gramáticas.
Rosalía de Castro: Icona do Rexurdimento
Rosalía de Castro destacou como poeta. Publicou en castelán o poemario En las orillas del Sar e en galego as seguintes obras:
- Cantares Gallegos (1863): formada por glosas de cantares populares.
- Follas Novas (1880): de temática intimista e social.
Temáticas de Cantares Gallegos
- Costumista: son poemas de carácter descritivo e narrativo.
- Amorosa: son poemas nos que se expoñen, dende o punto de vista popular, conflitos acontecidos entre namorados.
- Intimista: poemas nos que emerxe a visión pesimista do amor, a dor ou a saudade.
- Social: son poemas de defensa da xustiza social onde se denuncia a emigración, o caciquismo ou a miseria dos labregos.
Estrutura e Temas de Follas Novas
| Partes | Tipo de Poesía | Tema |
|---|---|---|
| I. Vaguedás | Poesía subxectiva | Tristeza |
| II. Do íntimo | Poesía subxectiva | Tristeza |
| III. Varia | Poesía subxectiva e obxectiva | Tristeza e denuncia |
| IV. Da terra | Poesía obxectiva | Denuncia |
| V. As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos | Poesía obxectiva | Denuncia |
Poemas Destacados de Cantares Gallegos
- "Castellanos de Castilla"
- "Se a vernos, Marica"
- "Quíxente tanto, meniña"
- "Campanas de Bastabales"
Poemas Destacados de Follas Novas
- "Negra sombra"
- "Daquelas que cantan"
- "Prá Habana!"
- "Unha vez tiven un cravo"
- "A xustiza pola man"