Sociedad, Justicia y Democracia: Conceptos Clave de Ciencias Sociales en Galego

Otras lenguas extranjeras8,02 KB

Sociedade: conxunto de individuos que comparten e satisfán as súas necesidades. Xustiza: é o feito de dar a cada quen o que lle corresponde. Xustiza distributiva: trátase de ser xusto repartindo. Xustiza conmutativa: é a xustiza dos intercambios. Xustiza retaliativa: é a xustiza para castigar as accións. Democracia: é unha sociedade política na que se escolle o goberno. Cooperación: traballar en común. Intrínseco: dentro da sociedade, algo interior. Caracterización: dicir unha característica de calquera cousa. Descrición: dicir varias características de calquera cousa. Definición: dicir a que conxunto pertence algo e en que se diferencia dos demais elementos do conxunto. Relación: é o que teñen que ver unha ou máis cousas. Base: base da sociedade, todos os elementos materiais que hai, cambia co tempo. Estrutura: a estrutura social consiste no contexto de regras que seguimos. Superestrutura: conxunto de ideas, éticas, relixiosas, políticas, estéticas. Expectativa: o que esperas de alguén ou dalgún. Competencia: o sistema económico permite que a competencia mellore a cantidade de bens e servizos. Política: conxunto de elementos relacionados coa organización da sociedade en base ás leis. Lei: regra respaldada pola violencia. Estado: organización social que fai as leis e vixía o seu cumprimento. Conflito: oposición de vontades entre varias persoas. Tipos de conflito: materiais, emocionais e intelectuais. Regra: maneira fixa de facer as cousas. Existen para poder traballar xuntos. Institución = organización. Organización: conxunto de persoas, relacións e elementos materiais que teñen unha mesma finalidade. As organizacións do Estado agrúpanse en 3 poderes. Poder lexislativo: compón o Parlamento (Congreso, Senado, parlamentos autonómicos). O poder lexislativo está composto polos representantes dos cidadáns, elixidos democraticamente (por votación libre). O Parlamento aproba as leis. Poder executivo: composto polo goberno, que se elixe en España, a través do Parlamento. Normalmente o goberno controla o Estado e fai cumprir as leis. En España temos o Goberno Central e os gobernos autonómicos. Poder xudicial: composto polos tribunais de xustiza, vixía que as leis se cumpran e castiga os incumprimentos. Os tribunais están dispostos xerarquicamente de menos a máis importante: xulgados de 1.ª instancia, audiencias provinciais, Tribunais Superiores de Xustiza (autonómicos) e o Tribunal Supremo. Tribunal Constitucional: é un tribunal especial que xulga se as leis están de acordo coa Constitución. E tamén revisa se os fallos dos tribunais inferiores violan os dereitos constitucionais. Para axudar a todos estes poderes do Estado existe a administración pública, formada por funcionarios de todo tipo. República presidencialista: o presidente é o xefe do goberno e decide as políticas do país. República parlamentaria: o presidente é unha figura sen moito poder (símbolo). Soberanía: é o dereito a decidir os elementos do Estado.


Pobo: conxunto de cidadáns. Non sempre coincide co número de adultos que habitan na sociedade. Ditaduras: non se celebran eleccións libres e plurais. Eleccións plurais: pode presentarse quen queira. Eleccións libres: podes votar a quen ti queiras. Condicións dunha democracia: liberdade, dereitos humanos, separación de poderes, eleccións libres e plurais. Participación política: é o dereito a elixir e ser elixido. Diferenza entre memoria e historia: a memoria é persoal, a historia é colectiva. A memoria é subxectiva, a historia debe ser obxectiva. Democracia directa: os cidadáns elixen directamente as leis. Democracia representativa: os cidadáns elixen aos representantes que votan as leis. Nas democracias parlamentarias o pobo elixe aos representantes que elixen ao goberno. Goberno: organización que controla o Estado. Correspóndese co poder executivo. En España, compón se do presidente, ministros, directores xerais, subsecretarios xerais, etc. Límites da democracia: democraticamente só pode elixirse o que afecta a toda a sociedade e non é unha cuestión técnica. Democracia indirecta: os cidadáns elixen os representantes políticos que son os que toman as decisións. Tamén se chama democracia representativa. Constitución: lei que establece as normas fundamentais do Estado. Todas as leis do Estado deben estar de acordo con ela. Ética: parte da filosofía que estuda o comportamento humano en relación co bo e o malo. Asociacionismo: conxunto de persoas que intentan cambiar algo na sociedade traballando en común. Desfavorecido: persoa que está nunha situación peor que os demais. Pode ser por razóns económicas, de saúde, etc. Altruísta: "en beneficio dos demais". Paliar: compensar.

Contexto histórico

Despois da morte de Franco (1975), os líderes políticos españois, tanto da esquerda como da dereita, decidiron construír unha democracia semellante ás dos países europeos.

Referendo: votación na que se responde unha pregunta importante para a vida política dun Estado. Estado de dereito: un Estado no que o goberno tamén ten que cumprir as leis. Para que isto funcione ten que haber separación de poderes. Estado social: o que pretende garantir a satisfacción dalgunhas necesidades materiais, emocionais e intelectuais a toda a poboación. Todos os Estados modernos afirman que defenden a propiedade privada, pero todos incumpren este dereito ao cobrar impostos.

Xerarquía das leis

Existe unha xerarquía de leis. A Constitución é a máis importante; despois veñen as leis orgánicas que desenvolven os dereitos constitucionais, logo as leis "normais" e, por último, os regulamentos, que son especificacións das leis.

Outros conceptos

Principio: idea básica que usamos para guiarnos no noso comportamento. Sufraxio: voto. Pluralismo político: significa que todos os cidadáns poden representarse a si mesmos se o desexan.

Descargar

PDF Word HTML