A Sociedade Medieval: A Igrexa e o Campesiñado na Idade Media

Otras lenguas extranjeras2,51 KB

A Igrexa

A sociedade medieval era moi relixiosa e facía que Deus fose o centro de todas as cousas. Isto facía que a Igrexa tivese moito prestixio e estivese presente na vida das persoas (casamentos, vodas, enterros, etc.).

A maior parte da sociedade era analfabeta e creía en cousas extranaturais e bruxerías, o que aproveitou a Igrexa cristiá para aterrorizar a xente que dubidaba, con castigos terribles que lle mandaría Deus. Isto fixo que a xente colaborase dando esmolas á Igrexa e axudando no mantemento do culto. Os reis e nobres, cando lles pasaba algunha cousa boa, doaban cousas de valor e terras ós conventos e igrexas. Isto fixo que a nobreza eclesiástica (cardeais, bispos, etc.) se fixese cunha grande cantidade de terras.

Outra forma de manter o culto e os dogmas da Igrexa foi a Inquisición, un tribunal que xulgaba ós que se apartaban da doutrina da Igrexa, acusándoos de herexes. Ser declarado herexe significaba: morte, perda de propiedade, tormento ou obrigatoriedade de facer algún sacrificio en honor á Igrexa.

Organización do clero

O alto clero estaba formado por cardeais, bispos e abades, que posuían grandes cantidades de terra. Estas eran traballadas por campesiños que pagaban unha renda por traballalas e realizaban traballos sen cobrar para as igrexas e mosteiros.

O resto do clero constituíano:

  • Curas, que vivían nas parroquias e se dedicaban a dirixir o culto.
  • Monxas e monxes, que vivían nos mosteiros e se dedicaban a rezar e traballar.

O Campesiñado

Vivían en aldeas situadas no feudo do señor. As súas casas eran pequenas e convivían xeralmente cos animais.

Eran libres, pero non tiñan propiedades. Traballaban as terras do castelo ou os mansos (terras arrendadas polo castelo, polas que unha parte dos cultivos correspondía ao castelo). Cando as colleitas eran boas, cos excedentes e con algún animal que vendían, mercaban ferramentas, calzado e outras cousas que lles facían falta. Cando eran malas, chegaban a fame e as enfermidades.

Alimentábanse do que cultivaban e dos animais que criaban. Vestían roupa feita e tecida por eles mesmos e algunha que mercaban nas feiras.

Os homes dedicábanse a traballar as terras, e as mulleres ás tarefas da casa, á crianza dos fillos e a axudar ao home nos traballos de fóra da casa.

Descargar

PDF Word HTML