Tipos de Fontes de Financiamento Empresarial: Interna e Externa

Economía4,85 KB

Fontes de Financiamento

Segundo a procedencia, o financiamento pode ser:

  • Interna: Proven dos recursos xerados pola propia empresa no seu funcionamento. Son recursos internos os xerados a partir da propia actividade e teñen a súa orixe nos beneficios, constituíndo o autofinanciamento; son fondos de reserva e amortizacións.
  • Externa: Obtida dos propietarios, provedores, acredores ou entidades de crédito. Os recursos externos son os conseguidos no exterior da empresa e inclúen categorías tan distintas como son as achegas de capital dos socios, ampliacións de capital, diversas formas de endebedamento...

Segundo a titularidade, divídense en:

  • Propios: No exterior ou xerados pola actividade da empresa ou autofinanciamento.
  • Alleos: Achegados por terceiros; fórmanos as das diferentes formas de endebedamento das que a empresa dispón con entidades financeiras.

Segundo a esixibilidade:

  • Non esixibles: Non hai que devolvelos aos propietarios (fondos propios e as achegas dos socios ou propietarios).
  • Esixibles: Si hai que devolver nun prazo establecido.

Segundo a duración:

  • A curto prazo: Son todos aqueles recursos obtidos por provedores, así como os créditos e préstamos obtidos das entidades financeiras que teñen un prazo de devolución menor de doce meses.
  • A longo prazo: Son capitais permanentes e fórmanos as achegas dos socios, os empréstitos emitidos pola empresa, os préstamos a longo prazo e o autofinanciamento (+18 meses).

Financiamento Interno

O autofinanciamento é aquel xerado pola propia empresa no seu funcionamento. Os beneficios non distribuídos podémolos considerar como autofinanciamento de mantemento ou de enriquecemento:

  • O de mantemento: O destino é a formación dun fondo que serve como compensación da depreciación dos elementos do activo (amortizacións).
  • O de enriquecemento: Ten como finalidade o aumento do potencial da empresa ou prevención de riscos con maior ou menor grao de certeza, e ten a súa orixe nas reservas.

Tipos de Financiamento Interno

  • Mantemento
  • Enriquecemento
  • Reservas
  • Amortizacións
  • Política de distribución de beneficios

Vantaxes e Inconvenientes

Permite unha grande autonomía da empresa, xa que non depende dos demais, e é un xeito de obter recursos baratos, xa que non se pagan xuros para obtelos. Tamén proporciona un maior nivel de solvencia financeira para a empresa. Pola contra, para os socios significa prescindir dunha parte dos beneficios, e no mercado de valores podería dar lugar a unha baixa na cotización das accións ao presentarse como menos atractivas para os compradores.

Financiamento Externo

Desde dúas orixes as fontes externas: propias da empresa e alleas.

Financiamento Propio

Son os capitais que son achegados polos propietarios da empresa:

  • Capitais desembolsados: Son as achegas, normalmente en forma de diñeiro, dos socios ou propietarios, feitas tanto no momento de construción da empresa ou a sociedade como nos momentos posteriores. O obxectivo dos propietarios é obter beneficios.
  • Subvencións: Son aqueles fondos achegados por terceiros, polo xeral entidades públicas, e teñen a característica de non ter que ser devoltas.

Vantaxes dos fondos propios: Son capitais que non hai que devolver, polo que permiten unha gran liberdade de acción á hora de empregarse nunha cousa ou outra, xa que non se depende de outros.

Inconveniente: Teñen que ver co risco da perda de capital polos socios ou propietarios debido a que as cousas non saian ben para a empresa na súa actividade.

Financiamento Alleo

Son aqueles que son prestados por terceiros á empresa de forma temporal e con devolución.

Clases de Financiamento Alleo

  • Créditos de funcionamento a curto prazo: Créditos e préstamos a curto prazo, aprazamento de pagos, créditos de provedores, factoring, desconto de letras.
  • Créditos de financiamento a longo prazo: Préstamos e créditos a longo prazo, leasing, empréstitos.

O Alleo segundo a súa Orixe

Proveniente de crédito oficial ou de crédito privado, á súa vez este último como bancario ou non bancario:

  • Os bancarios son: Préstamos, crédito, obriga de pagamento de empresas e desconto de letras ou efecto comercial.
  • Os non bancarios son: Acredores e provedores, factoring e leasing/renting.

Descargar

PDF Word HTML