Transformacións Económicas e Sociais no Século XIX: Do Vapor ao Capitalismo

Economía2,88 KB

Consecuencias da fonte de enerxía aplicada aos transportes a comezos do século XIX

O vapor foi o motor do cambio; o ferrocarril foi o primeiro vehículo movido pola aplicación da máquina de vapor. O novo sistema de transporte permitiu trasladar unha maior cantidade de persoas e mercadorías, e desempeñou un papel fundamental na articulación dun gran mercado interior. A comezos do século XIX, a máquina de vapor tamén se lle aplicou aos barcos de vela.

Economía de mercado

Trátase dunha economía na que se producía non só para o autoconsumo, senón tamén para a venda en mercados urbanos. Este cambio foi posible grazas a tres factores clave:

  • O aumento da produción.
  • O crecemento da poboación.
  • O incremento do poder adquisitivo desa poboación.

Éxodo rural

O éxodo rural é o fenómeno polo cal os campesiños acudiron ás cidades en busca de emprego nas fábricas. Este proceso orixínase pola mecanización das tarefas agrícolas e a concentración da propiedade, que deixa aos traballadores sen terras nin traballo. Este movemento dá lugar ao crecemento urbano. A cidade industrial produciu unha forte segregación por barrios, na que se diferenciaban claramente os barrios da burguesía e os do proletariado.

Capitalismo

O capitalismo é o sistema económico no que os instrumentos de produción, como as fábricas ou a maquinaria, son predominantemente de propiedade privada. O obxectivo deste sistema é a procura do máximo beneficio, onde a intervención do Estado na economía debe reducirse ao máximo.

O capitalismo réxese por unha serie de leis fundamentais:

  • A lei da oferta e da demanda: Regula o mercado, onde se mesturan os intereses de vendedores e compradores.
  • A lei da competencia: A competencia entre empresarios por reducir custes e prezos, o que leva a unha constante renovación tecnolóxica.

Por último, é importante sinalar que o capitalismo sufre, de maneira cíclica, crises de superprodución (un exceso de produción en relación coa demanda existente). As consecuencias destas crises son:

  • A caída das vendas, dos prezos e dos beneficios.
  • O peche de empresas.
  • O aumento do paro obreiro.

Sociedade anónima

A sociedade anónima empeza como unha forma de organización capitalista na que o capital se divide en participacións (accións) que son adquiridas por accionistas e dan dereito ao cobramento de beneficios. Estas accións teñen un valor nominal en relación co capital da empresa que as emite.

Descargar

PDF Word HTML