Vangardas Galegas: Contexto, Autores e Obras Clave | Exercicios Resoltos

Otras lenguas extranjeras8,03 KB

Preguntas e respostas sobre as vangardas galegas

1. Contesta brevemente

a) Relaciona a Pierre Reverdy cun movemento vangardista. Cubismo.

b) Cita dous pintores das vangardas galegas. Carlos Maside e Luís Seoane.

c) En que ano se publicou ¡Máis alá!? Quen son os seus autores? 1922. Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.

d) En que revista vangardista publicou poemas o poeta Manuel Luís Acuña? Resol.

e) En que tendencia vangardista se pode integrar o poemario Poemas do sí e non? Quen é o seu autor? Vangardismo. Autor: Álvaro Cunqueiro.

2. Cales son as tres características que lles outorgan ás vangardas galegas un carácter individualizador?

  1. O espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala.
  2. A relación con Portugal, máis en concreto, co saudosismo de Teixeira de Pascoaes.
  3. A presenza do sentimentalismo. Por iso, non hai unha total deshumanización na obra de arte.

3. Relaciona

  • Sombra do aire na herba – Celestino Fernández de la Vega
  • De catro a catro – Estrutura circular
  • Yunque – Luís Pimentel
  • “Excelsior” – Caligrama
  • José Almada Negreiros – Futurismo
  • Resol – Manuel Luís Acuña
  • José Joaquim Nunes – Neotrobadorismo
  • A fiestra valdeira – Indiano rico
  • Viladomar – Cinco poemas
  • Cabaré Voltaire – Tristan Tzara

4. Por que se fala nas vangardas da busca da arte pura?

Prescíndese de toda referencia ao mundo real. O artista non é un imitador, senón o creador dunha realidade autónoma.

5. De que obra é protagonista don Miguel? Que simboliza ese personaxe? Quen é o autor da dita obra?

Protagoniza A fiestra valdeira. Simboliza a loita do home na defensa da súa propia identidade. Autor: Rafael Dieste.

6. Que son as imaxes oníricas? Con que movemento vangardista están relacionadas?

Son imaxes relacionadas cos soños. Movemento: Surrealismo.

7. Os temas da obra poética de Luís Pimentel

Predomina a expresión de sentimentos: a angustia, a melancolía, o medo, así como unha visión pesimista da vida (coa presenza da morte, a dor, a traxedia…). Abonda tamén nunha temática cotiá intensamente sentida: a pequena cidade de Lugo, o mundo dos nenos, os humildes, os hospitais, o concerto dominical nun quiosco…

8. Contesta brevemente

f) Quen foi o fundador do Dadaísmo? Tristan Tzara.

g) Que obra poética de Manuel Antonio quedou inacabada? A que etapa da súa obra poética pertence? Viladomar. Etapa de retroceso.

h) En que ano se publicou ¡Máis alá!? Quen son os seus autores? 1922. Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.

i) Que poemario de Luís Pimentel foi o primeiro seu en galego, pero publicado na posguerra en castelán? Barco sin luces.

j) Con que movemento vangardista está relacionado Filippo Marinetti? Futurismo.

9. Cales son as tres principais ideas nas que se asenta o manifesto ¡Máis alá!?

  1. A crítica ao ruralismo e aos escritores do pasado (demasiado dominados pola cultura castelá: Rosalía = chorona; Curros = rebelde; Pondal = pardo).
  2. A defensa afervoada da nosa lingua e do individualismo na literatura.
  3. O chamamento á mocidade galega para que rompa co pasado e encare o porvir.

10. Relaciona

  • Triscos – Colección Benito Soto
  • Mar ao norte – Vangardismo
  • Salvador Dalí – Surrealismo
  • Cristal – Pontevedra
  • Rafael Dieste – Realismo máxico
  • O galo – Póstuma
  • Constantino Candeira – Augusto Lustres
  • Don Miguel – A fiestra valdeira
  • Caligrama – Guillaume Apollinaire
  • Nao senlleira – Neotrobadorismo

11. Que son os caligramas? Que son os manifestos?

Caligramas: poema cuxos versos forman un debuxo ou unha imaxe para producir un efecto plástico.

Manifestos: escritos nos que cada movemento de vangarda expón a súa concepción da arte.

12. Cita unha característica do Dadaísmo

A negación da idea da creación e da figura do creador. Daquela, a obra de arte é froito do azar.

13. Cales son os temas da etapa de formación na obra poética de Manuel Antonio? Que obras poéticas pertencen a esta etapa?

A noite, o mar, a morte, as tebras, o fatalismo, etc. Obras: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois.

14. Cita dous movementos vangardistas que teñan como característica o mecanicismo. Cita un representante de cada un

  • Futurismo – José Almada Negreiros
  • Creacionismo – Manuel Antonio

15. Comenta unha destas obras: autor, xénero literario, data de publicación e contido. a) Dos arquivos do trasno

Autor: Rafael Dieste. Xénero: narrativa. Data: 1926. Inicialmente estaba composta por oito contos, pero na segunda edición xa presenta vinte. Trátase dun conxunto de historias independentes onde se transmite, a través de varios personaxes, o carácter do home galego: sinxelo, bondadoso, nostálxico… Os temas máis recorrentes son o retorno, a crueldade, a morte, a emigración e a soidade.

16. Relaciona

  • Sempre e máis despois – Etapa de formación
  • Surrealismo – André Breton
  • Don Miguel – Rafael Dieste
  • Luís Pimentel – Triscos
  • Dona do corpo delgado – Álvaro Cunqueiro
  • Vicente Huidobro – Creacionismo
  • Cristal – Pontevedra
  • Manuel Antonio – Álvaro Cebreiro

17. O Futurismo

Orixe: publicación do Manifesto do Futurismo (1909), por Filippo Marinetti.

Características:

  1. A exaltación do mecanicismo e dos avances técnicos.
  2. A destrución da sintaxe, que ten como finalidade a busca de dinamismo e rapidez verbais.

Representantes: José Almada Negreiros (Portugal) e Vladimir Maiakovski (Rusia).

18. Comenta dúas características das vangardas

  1. A deshumanización. Nas súas creacións, o artista elude toda referencia ao ser humano.
  2. A busca da arte pura. Prescíndese de toda referencia ao mundo real. O artista non é un imitador, senón o creador dunha realidade autónoma.

19. Cita as datas de publicación destas obras

  • ¡Máis alá! – 1922
  • A fiestra valdeira – 1927
  • Sombra do aire na herba – 1959
  • De catro a catro – 1928
  • Cantiga nova que se chama Riveira – 1933

20. Cita unha das ideas fundamentais do manifesto ¡Máis alá!

A defensa afervoada da nosa lingua e do individualismo na literatura.

21. Contesta brevemente

a) Quen é o autor de Fírgoas? Manuel Luís Acuña.

b) Con que movemento vangardista estivo vinculado Tristan Tzara? Dadaísmo.

c) Que obra de Luís Pimentel foi escrita orixinariamente en galego pero publicada na posguerra en castelán? Barco sin luces.

d) Que movemento de vangarda representa a obra Nao senlleira? Quen é o seu autor? Neotrobadorismo. Fermín Bouza Brey.

Descargar

PDF Word HTML