Virage económico en el franquismo: desarrollo, planes de estabilización y crecimiento industrial
Virage económico
Gobernos de crecemento económico: Franco e os que o sucederon supuxeron un gran xiro na orientación do franquismo e abriron paso aos tecnócratas, vinculados ao Opus Dei, que consideraban o crecemento económico como a garantía de estabilidade social para asegurar a continuidade do réxime. Esto viña pola mala situación económica dos anos 50 e porque Europa estaba nunha etapa de recuperación tras a Segunda Guerra Mundial.
Plan de Estabilización (1959)
Pretendía poñer fin ao forte intervencionismo estatal e facilitar a liberalización económica mediante:
- Estabilización da economía: para reducir a inflación subiron os intereses, limitáronse os créditos e conxeláronse os salarios.
- Liberalización interior: eliminación de organismos estatais e fixación de prezos base.
- Liberalización exterior: facilitación das exportacións, importacións e investimentos estranxeiros.
A cambio de todo isto, concedéronse préstamos para superar a crise e incorporarse aos mercados internacionais.
Plans de desenvolvemento
Eran unha planificación económica para impulsar a industria no país, mediante dúas liñas:
- Accións estruturais para mellorar algúns problemas de base.
- Polos de desenvolvemento, que buscaban reducir os desequilibrios rexionais promovendo novas industrias en zonas de escasa industrialización, pero fracasaron.
Aínda así, o maior logro foi o dotamento de infraestruturas e materias básicas que contribuíron ao crecemento industrial.
Gran desenvolvemento económico (1960)
Industrialización acelerada
Creceu a produción industrial debido á mellora da produtividade, grazas aos baixos salarios, á tecnoloxía e aos capitais estranxeiros que investían aquí. Isto fixo baixar os prezos e, polo tanto, favoreceu as importacións, así que aumentou a demanda de bens de consumo.
Reconversión da agricultura tradicional
As transformacións económicas provocaron a crise da agricultura tradicional, que se baseaba na abundante man de obra. A oferta de traballo da industria provocou un enorme éxodo rural, polo que os empresarios agrícolas iniciaron un proceso de mecanización e uso de fertilizantes que intensificaron os cultivos, o que levou a unha maior emigración.
Avance do sector terciario
Na terciarización dos anos 60 influíu a urbanización, o aumento do comercio, a mellora dos medios de transporte e comunicación e, por suposto, o turismo, cuxa chegada masiva foi unha gran fonte de ingresos. Isto deuse grazas ao benestar europeo e ás vacacións pagadas, que orixinaron un boom turístico en España, gracias ao seu clima, praias e prezos baratos.
No comercio internacional, por primeira vez, as principais exportacións foron os produtos acabados.
Dependencia do exterior
A favorable coxuntura internacional permitiu abrir amplos mercados e facerse con tecnoloxía máis avanzada e capitais do estranxeiro, que lle permitiron equilibrar o déficit comercial.
Limitacións da economía española
A longa etapa de crecemento implicou un aumento da renda per cápita e a mellora do nivel de vida, mentres que o sector agrario quedou desatendido e atrasado. Todo isto, máis a gran dependencia da tecnoloxía e dos investimentos estranxeiros, repercutiu na crise de 1973.
Crecemento demográfico e cambio social
Aumento da poboación
Nos anos 60 produciuse o maior aumento demográfico, consecuencia dun descenso da mortalidade infantil, un aumento da natalidade (favorecido pola política pronatalista de Franco) e un aumento da esperanza de vida polas mellores condicións de vida.
Movementos migratorios
A mecanización e modernización da agricultura deixou sen traballo a moitos campesiños, que viron no éxodo rural a oportunidade de mellorar as súas vidas nas cidades industriais españolas e europeas (Francia, Alemaña, Suíza, Bélxica). A poboación aumentou nas cidades máis dinámicas como Madrid, Cataluña ou o País Vasco.
Estes movementos agudizaron os desequilibrios territoriais en España: unhas zonas quedaron estancadas e despoboadas e outras convertéronse en urbes industriais ao bordo da saturación, o que propiciou o chabolismo como única medida para afrontar a situación.