A Xeración Nós: Os alicerces da literatura galega contemporánea

Otras lenguas extranjeras3,27 KB

A Xeración Nós: O rexurdimento cultural

No ano 1920 comezou a publicarse a revista NÓS. Entre os seus membros máis destacados atopamos a Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Rafael Dieste. As características comúns destes autores son:

  • Procedencia e ideoloxía: Compartían unha procedencia social acomodada, unha alta formación intelectual e a mesma ideoloxía, asumindo o nacionalismo como orientación política.
  • Polifacetismo: Son autores versátiles que cultivan diversos xéneros como a poesía, o teatro e a prosa.
  • Coñecemento do país: Expresan nas súas obras un profundo coñecemento sobre Galicia.
  • Universalismo: Buscan que a cultura galega alcance unha proxección universal.

Na narrativa, foron os creadores da prosa galega contemporánea, baseándose en tres piares fundamentais:

  1. Superar a temática costumista, ruralista e humorística tradicional.
  2. Editar en formato libro.
  3. Escribir exclusivamente en galego.

Vicente Risco

  • Obra narrativa: Predomina o relato curto. Foxe do costumismo e incorpora técnicas narrativas modernas, utilizando a ironía, a sátira e o humor. Destacan: "O porco de pé", "O lobo da xente" e "Os europeos de Abrantes".
  • Ensaio: Trata temas políticos, filosóficos e etnográficos. Destacan: "Teoría do nacionalismo galego", "NÓS os inadaptados" e "Mitteleuropa".

Ramón Otero Pedrayo

  • Narrativa: Cultivou a novela longa. A temática principal é a fidalguía e o mundo tradicional galego. A paisaxe ten unha grande importancia como elemento identitario, acompañada de abundantes referencias culturais e históricas. Obras clave: "A romaría de Xelmírez", "Os camiños da vida" e "Arredor de si".
  • Ensaio: Aborda aspectos xeográficos e históricos. Destacan: "Guía de Galicia" e "Ensaio histórico sobre a cultura galega".

Daniel Rodríguez Castelao

  • Narrativa: Escribe narrativa curta influenciada polo conto popular, pero cun estilo culto e moderno. Critica a marxinación económica de Galicia, defende as clases populares e a lingua galega, e denuncia a emigración. Obras: "Un ollo de vidro", "Cousas" (45 narracións breves), "Retrincos" e "Os dous de sempre".
  • Ensaio: "Sempre en Galiza" (1944) é o tratado fundamental que recolle o pensamento político nacionalista, abordando a nación, a lingua, a cultura e a economía, criticando o centralismo e defendendo un estado federal.
  • Obra gráfica: Como artista plástico, debuxante e caricaturista, os seus debuxos e estampas complementan a súa obra literaria. Emprega a ironía para denunciar inxustizas sociais, a avaricia e o caciquismo. Destacan o "Álbum Nós" e "Cousas da vida".

Rafael Dieste

Autor de obras fundamentais como "Dos arquivos do trasno".

Descargar

PDF Word HTML