A Xeración Nós na literatura galega
A Xeración Nós foi a xeración de escritores nados entre 1880 e 1890, entre estes intelectuais galegos destacan Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Daniel Rodríguez Castelao, Antón Lousada Diéguez ou Arturo Noguerol. Os integrantes da Xeración Nós comparten unha serie de características comúns, como a sólida formación cultural e académica, o cultivo de prosa científica no ámbito das ciencias sociais ou o desenvolvemento da actividade política. O grupo Nós desenvolveu o fundamental da súa actividade durante o período de preguerra. Todos os membros do grupo Nós participaron en actividades galeguistas como pode ser o Seminario de estudos galegos, a creación da revista Nós e tamén participaron na creación do partido Galeguista e o Estatuto de Autonomía. A súa literatura tiña un afán didáctico, intentaban facer, mediante ela, chegar á poboación os seus ideais. Tamén tiñan un afán modernizador, intentaban darlle a literatura galega un carácter universal, superando a temática ruralista e humorística. O grupo Nós foi pioneiro no cultivo de ensaio. Ramón Otero Pedrayo
Ramón Otero Pedrayo na literatura galega
Destacou polo seu cultivo e modernización da narrativa longa, era característico del a vista en positivo da sociedade galega. O seu estilo é moi refinado e complexo, de sintaxe exhuberante e barroca. Pódese dicir que é o primeiro grande novelista galego. En canto a súa obra podemolá dividir en: Nos seus primeiros relatos ( 'Pantelas, home libre', O purgatorio de Don Ramiro he escrito na néboa) aparecen xa os que serán os grandes tema do conxunto da súa obra: a identificación coa terra, o protagonismo da figura do fidalgo e a evolución da conciencia galega. As novelas realistas, que falaban da Galiza do século XIX, retratando a decadencia da fidalguía. Destaca Os camiños da vida. As novelas culturalistas, que reflicten a evolución da conciencia galeguista, destaca Arredor de si. Das novelas de tema histórico destaca A romeiría de Xelmírez. Ramón Otero Pedrayo foi moi importante polo seu ensaio, polos seus estudos xeográficos e históricos.