A Orixe da Lingua Galega: Do Latín Vulgar á Romanización da Gallaecia
Orixe e Formación da Lingua Galega
A lingua galega é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín que foi traído polos romanos nos séculos II e I a. C. Non se trataba do latín culto utilizado na literatura, senón do latín vulgar falado polos lexionarios, os funcionarios, os comerciantes e os colonos, a poboación que serviu de axente fundamental da romanización no noso territorio.
Esta área adquiriu o status de provincia romana co nome de Gallaecia durante o reinado do emperador Diocleciano (284-305), e abranguía, ademais de Galicia, todo o norte de Portugal até o río Douro e as provincias de Asturias, León e Zamora.
As Linguas de Substrato Prerromano
Antes da chegada dos romanos, habitaban este territorio...