Glosario de Termos Fundamentais en Seguridade do Paciente
SEGURIDADE DO ENFERMO: é o grao de redución do risco de danos non necesarios relacionados cos coidados de saúde, a un mínimo aceptable.
RISCO: é a probabilidade de ocorrencia dun incidente.
PERIGO: é unha circunstancia, axente ou acción potencial para causar dano.
CAUSA: é un factor antecedente que contribúe a un evento, efecto ou resultado; é o acto polo cal se produce un efecto.
PREVENCIÓN: inclúe as intervencións que modifican o sistema, reducindo a probabilidade de ocorrencia de eventos adversos; é calquera toma de medidas ou decisións para reducir a frecuencia e gravidade do risco.
ACCIDENTE: un evento ou ocorrencia non intencional, inesperada e indesexada, normalmente...