O crepusculo e as formigas resumen

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,55 KB

 A Nova Narrativa galega

Na  década dos 50 Irrompe no panorama literario galego a Nova Narrativa Galega, un movemento de Renovación temática e técnica da prosa . Non se pode falar de grupo homoxéneo Pero comparten certas características xeracionais e literarias (formación Universitaria, inquietudes galeguistas, coñecedores da literatura do momento, ...) onde destaca o desexo da modernización radical da nosa narrativa.

Como características xerais deste tipo de narración Podemos sinalar a desaparición da historia argumental e a estrutura tripartita Tradicional; a temática  afástase do Ruralismo,  do costumismo e da realidade Para centrarse na morte  e nos estados Psicolóxicos e patolóxicos de todo tipo; creación de personaxes problemáticos; Son frecuentes os símbolos;  predomina a Pluralidade de voces narrativas (multiperspectivismo) a través dos diferentes Personaxes que aparecen; concédelle ás Cousas (obxectalismo) a mesma importancia que aos personaxes, que deixarán de Ser o centro; son frecuentes os espazos pechados;  abandónase a cronoloxía lineal Precedente;...  Desde o punto de vista da Lingua amplíase o vocabulario do galego literario (linguaxe matemática, Científica, cultismos, anglicismos, antropónimos exóticos ..., no plano Sintáctico introdúcense anacolutos asociados ao monólogo interior.

A obra Fundacional da Nova Narrativa Galega é  Nasce unha árbore (1954, Gonzalo Mourullo)  e acostuma  sinalarse  O ano 1971 (Adios, María De Xohana Torres) como límite final, aínda que non hai unanimidade entre a Crítica .  Entre os autores que Normalmente se inclúen na  nómina da NNG Están   Gonzalo R. Mourullo (Nasce unha árbore, 1954; Memorias de Tains, 1956) Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán (A orella no burato,1965), Camilo Gonsar (Lonxe de nós e dentro, 1961; Como Calquera outro día, 1962), Xohana Torres (Adios María, 1971).

*Carlos Casares:

Estréase como Narrador con Vento ferido, un Libro  de relatos con temáticas e Técnicas variadas. Cambio en tres e Xoguetes para un tempo perdidotamén Podemos incluíla dentro das obras renovadoras pertencentes á NNG.

*Méndez Ferrín: é o autor máis destacado cunha obra moi extensa e moi relacionada entre Si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo Fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do Existencialismo.As súas tres Primeiras obras encádranse claramente dentro das características da NNG: Personaxes problemáticos, espazos urbanos.... Despois o experimentalismo vaise Reducindo, ao tempo que a realidade social e política galega vai cobrando máis Peso

Obras pertencentes á NNG:Percival e outras historias 1958, O crepúsculo e as formigas, 1961, Arrabaldo Do norte, 1964.

Resumindo,durante os anos 50 e 60 Prodúcese unha renovación do xénero narrativo por parte duns escritores moi Novos que pretenden superar os modelos existentes ata ese momento introducindo Novos temas e técnicas influídos pola literatura universal do momento.Escribe tu texto aquí!

Entradas relacionadas: