Historia do Teatro Galego: Do Franquismo á Xeración Abrente

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,85 KB

O Teatro Galego na Ditadura e a súa Recuperación

O Teatro Galego durante o Franquismo e o Exilio

A prohibición pública da lingua ocasionou a desaparición das representacións teatrais durante os primeiros anos do franquismo. Esta actividade fora moi importante durante a época das Irmandades da Fala.

Ata mediados dos anos 50, o teatro desprazouse cara ao exilio, especialmente en Buenos Aires, onde se estreou Os vellos non deben namorarse, de Castelao, cunha gran repercusión das circunstancias polas que pasaba Galicia.

O teatro en Galicia vivía nunha profunda depresión mentres na emigración e no exilio se realizaban obras e se producían estreas.

A Xeración dos 50: Autores e Obras Clave

Os autores que se decantaron polo xénero na época da ditadura foron:

  • Mariñas del Valle: explorou o teatro alegórico. Obra: A revolta.
  • Cunqueiro: o gran dramaturgo galego. Obras destacadas: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, A noite vai coma un río, e Función de Romeo e Xulieta (incluída en As crónicas de Sochantre).
  • Carballo Calero: os seus rexistros van do realismo ao teatro experimental. Obra: Teatro completo.
  • Xohana Torres: Á outra banda do Iber, na que se achega á alegoría política e á realidade social de Galicia creando sólidos personaxes femininos.
  • Manuel María: Auto do taberneiro.

Tamén contribuíron no teatro desta época: Daniel Cortezón, Franco Grande e Bernardino Graña.

O Grupo de Ribadavia e a Normalización Teatral

Ao final dos anos 60 tiveron lugar acontecementos que foron transformando o teatro e iniciando un proceso de normalización:

  • Fundación do Teatro Independente: Fundación en 1976 do Teatro Circo de Manuel Lourenzo, primeiro grupo independente de teatro galego. Nace un novo concepto de teatro itinerante con público popular.
  • Mostra Teatral de Ribadavia: Celebración anual en Ribadavia desde 1973 da Mostra Teatral, organizada pola Asociación Cultural Abrente.

A actividade que xurdiu arredor da mostra foi fundamental para recuperar o teatro.

O foro acolleu o debate entre as dúas tendencias do teatro galego: a ruralista e popular, e a innovadora e vangardista.

A Xeración Abrente

Grazas ás distincións recibidas na mostra déronse a coñecer aos autores da Xeración Abrente: Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño e Euloxio Ruibal, que desempeñan unha gran actividade.

O certame iniciou en 1984 unha nova etapa recoñecida co nome de Mostra Internacional do Teatro, que chega ata a actualidade.