Interferencias Lingüísticas no Galego: Castelánismos, Desviacións e Hipergaleguismos
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,28 KB
Interferencias Lingüísticas
Son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuentes cando se falan dúas linguas nunha mesma comunidade. Afecta sempre a lingua máis débil, por exemplo, as influencias do castelán sobre o galego.
Castelanismos
Aparecen en todos os planos da lingua:
Plano Fónico
Redución do sistema vocálico de sete vogais a cinco, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas (una por unha), o famoso "acento galego".
Plano Ortográfico
- Mal uso de v/b (boda, aboa, mobil).
- Mal uso de h (hoso, hovo...).
- Uso da letra y (hay).
- Acento gráfico (atmòsfera).
Plano Morfolóxico
- Cambio de xénero de determinados substantivos (o ponte, a sangue).
- Confusión dos pronomes te/che.
- Non usar o artigo cos posesivos (meu can vai vello).
Plano Sintáctico
Incorrecta colocación dos pronomes átonos (che dixen que non).
Plano Léxico
Os máis abundantes, prevalencia da palabra do castelán (comprar por mercar). Substitución da forma galega pola castelá (tenedor por garfo). Nalgúns casos, na fala dáselle o nome galego á cousa máis próxima ou tradicional e o castelanismo á mercada ou máis allea (parexa de persoas, parella de animais). Tamén palabras como almorzo (xantar), soño (sono), roxo (vermello), axuntamento (concello).
Desviacións
Aquelas voces que non se axustan á normativa.
Arcaísmos
Existiron noutra época, pero agora xa non se usan (outo por alto, vegada por vez). Tamén o grupo formado por (sc).
Vulgarismos
Palabras usadas por algúns falantes que non son correctas na lingua culta e estándar. Tipos de vulgarismos:
Prótese
Engádese vogal no comezo (arradio).
Epéntese
Engádese un fonema no medio (soio por só).
Paragoxe
Engádese unha vogal final (falare por falar).
Afèrese
Suprímese vogal no comezo (imaxina).
Síncopa
Suprímese un fonema no medio (vran por verán).
Apócope
Suprímese unha vogal ou sílaba no final (verdà por verdade).
Cambio de Vogal
Satenta por setenta.
Metátase
Cambiase a posición dun fonema (probe por pobre).
Rotacismo
Cambiase r por s (mermo por mesmo).
Reducións e Vocalizacións de Consoante
Coluna por columna, correto por correcto, perfeuto por perfecto...
Hipergaleguismos
Palabras non normativas, usadas por xente que segue o afán de usar un galego que se diferencie do castelán, galeguizando palabras coincidentes co castelán: gasoliña por gasolina, zoa por zona, semán por semana.