Lingua, Estilo e Nacionalismo en Risco, Otero Pedrayo e Castelao

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en catalán con un tamaño de 3,53 KB

Vicente Risco: Lingua e Estilo

Pretendeu elevar a nosa lingua á máis alta das categorías e por iso emprega o idioma dun xeito funcional, pero procurando afastarse do castelanismo.

A prosa de Risco é directa e sen recursos retóricos. A claridade, a agudeza e a sobriedade son as características básicas da súa obra. Renovou a nosa narrativa ao abandonar o ruralismo que a caracterizaba ata ese momento e introducir na súa obra unha ambientación urbana, humor crítico e intencionalidade didáctica.

Etapas de Vicente Risco

  • Pregaleguismo (1910-1918)
  • Galeguismo (1918-1936)
  • Posgaleguismo (1936-1963)

Ramón Otero Pedrayo: Lingua e Estilo

Otero Pedrayo emprega na súa obra unha lingua de base popular enriquecida polo coñecemento do galego histórico e do portugués. O estilo de Otero é espontáneo e baséase na improvisación e na inspiración. É capaz de deleitar o lector con páxinas nas que predominan a concisión e a abundancia de elipses. A combinación destas dúas formas configura unha prosa fluída e chea de ritmo e musicalidade.

Etapas de Otero Pedrayo

  • Pregaleguismo: Participa nas características dos membros do Cenáculo Ourensán: ampla formación intelectual, elitismo, individualismo, inconformismo...
  • Galeguismo: As súas ideas concordan co nacionalismo tradicional.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Lingua e Estilo

A súa obra literaria, chea de humorismo, ten un carácter fundamentalmente lírico e un propósito estético, se ben é certo que se pode apreciar unha indirecta intención didáctica. O humor e o lirismo son dous piares nos que se asenta a obra narrativa de Castelao. Na súa obra mestura a simplicidade da arte popular e a estética culta.

Etapas de Castelao

  • Etapa pregaleguista (1909-1915)
  • Etapa galeguista (1916-1930)
  • Etapa política (1931-1950)

O Nacemento do Nacionalismo Galego

O nacionalismo xorde como evolución do galeguismo nas primeiras décadas do século XX cara a un movemento de defensa e exaltación dos valores e dereitos culturais, económicos e políticos do pobo galego. O nacionalismo galego nace no seo das Irmandades da Fala, que son asociacións culturais e políticas que nacen na Coruña en 1916. O seu obxectivo é a defensa do idioma galego como punto de partida para a recuperación cultural de Galicia. Baixo o liderado de Porteiro Garea, o proxecto ampliará os seus obxectivos iniciais. A súa presentación como organización nacionalista producirase no Congreso Rexionalista en 1918.

O nacionalismo galego coñece a súa primeira ruptura en 1922, da que sairían dúas tendencias:

  • Por un lado, a artellada arredor do núcleo coruñés orixinal das Irmandades da Fala, partidaria da participación política do irmán Villar Ponte e coa lideraxe política de Peña Novo.
  • Por outro lado, a Irmandade Nazonalista Galega, favorable a dar batalla no eixe cultural, e que tiña como líder a Vicente Risco. Este é o impulsor do proxecto cultural da revista Nós.