A Lingua Galega na Idade Media: Historia e Características

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,67 KB

A Lingua Galega na Idade Media

O Galego na Alta Idade Media (Séculos IX-XII)

Os tres primeiros séculos da Idade Media, do IX ao XII, foron para a lingua galega (nestes séculos o galego-portugués) e para o latín, unha situación de bilingüismo social. O latín era a lingua alta e só se podía aprender polo estudo académico, pero tiña poucos falantes, xa que só era utilizado nos contextos formais e na escrita. Sen embargo, o Galego Antigo era a lingua baixa, falada pola maioría das persoas. Esta distribución das linguas nestes séculos coñécese como diglosia clásica.

O Esplendor do Galego no Século XIII

O século XIII foi realmente o mellor período para a lingua galega (independizada xa do portugués), xa que, ademais de ser a lingua falada polo pobo, converteuse na lingua utilizada na escrita e nos contextos formais. Grazas a este esplendor, entre outras cousas, Galicia viviu un gran auxe económico do século IX ao XIII, que transmitiu a cultura galega fóra de Galicia. O reino galego formaba parte agora da coroa de Castela e o castelán comezou a estenderse por Galicia.

Decadencia e Marxinación (Séculos XIV-XV)

Os últimos séculos, XIV e XV, foron prexudiciais para o reino galego debido a unha gran decadencia política. Isto foi debido ao simple feito de apoiar na loita pola coroa de Castela a Pedro I e non a Henrique II de Trastámara, que foi o que se fixo co cargo. Henrique II desprazou os nobres galegos por casteláns nos cargos importantes da política. A pesar disto, Galicia volve errar no mesmo no século XV xa que apoia a Xoana a Beltranexa e non a Isabel a Católica, polo que un segundo “castigo” cae como unha laxa para a Administración e a Igrexa, que quedaron agora dominados por xente castelá. Ao final do século, o Galego Antigo comeza o seu proceso de marxinación que segue nos séculos posteriores quedando relevado polo castelán.

Características do Galego Antigo

Fonética do Galego Antigo

O Galego Antigo destes séculos ten unha fonética particular. Algunhas características destacadas son:

  • As vogais nasais, usadas como en “mão” (“man”) ou “irmão” (“irmán”), substituídas agora polo “n” intervocálico.
  • A oposición entre sibilantes xordas (/s/, /ʃ/) como en “passo” (para /s/) e “peixe” (para /ʃ/).
  • A oposición entre sibilantes sonoras (/z/, /ʒ/) como en “cozer” (para /z/) e “hoje” (para /ʒ/).
  • Consérvase a consoante africada /ʧ/ como en “chover”.

Morfosintaxe do Galego Antigo

A morfosintaxe do Galego Antigo distínguese por varias características:

  • Non ter morfema feminino para verbas rematadas en -or, como en “a pastor”.
  • Usar o pronome “te” para o acusativo e o dativo, como en “falareite de amor”.
  • Utilizar os posesivos sen artigo diante, como en “meu amigo” e non “o meu amigo”.
  • A variación na terceira persoa dos perfectos do sur en -e ou -ø (“ouve” ou “fez”) dos do norte en -o (“ouve” ou “fizo”), na que continúa a do norte.

Léxico do Galego Antigo

No léxico, usáronse palabras perdidas e outras con cambios de significado:

  • Verbas perdidas como “assaz” (“bastante”) ou “vegada” (“vez”).
  • Palabras con cambios de significado hoxe en día como “aver”, que tiña o significado de “ter”.