Nacemento e evolución dos nacionalismos en España

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Francés

Escrito el en catalán con un tamaño de 5,64 KB

O catalanismo

Oríxenes e primeiras reivindicacións

En Cataluña é onde máis cedo nace o fenómeno, coa súa orixe no descontento da burguesía industrial coma no movemento cultural da “Renaixença”. En 1885, un grupo de intelectuais dirixiuse a Afonso XII cunhas peticións, as “Memorias de Agravios”, onde se pedía a modificación da estrutura do Estado, mais o goberno rexeitouna.

No 1887 fundouse a Liga de Cataluña e, no 1891, a Unión Catalanista. Na primeira asemblea desta última, en Manresa, aprobouse un proxecto autonomista onde se resumían as reivindicacións políticas, coñecido como as “Bases de Manresa”.

Evolución política no século XX

Prat de la Riba fundou no 1901 a Lliga Regionalista. As presións e reivindicacións conseguiron a Lei de Mancomunidades e a creación da Mancomunitat de Catalunya no 1914. Prat foi seguido por Cambó, cando a burguesía catalana renunciou á súa catalanidade a cambio de seguridade, prestando así o seu apoio á ditadura de Primo de Rivera.

Nas primeiras décadas do século XX desenvolvéronse correntes catalanistas democráticas que acabaron formando o principal partido catalanista, Esquerra Republicana de Catalunya.

O vasquismo

O status foral e a abolición

Dende a época medieval, as provincias vascas tiñen un status especial definido polos seus foros. Co desenvolvemento da revolución liberal quitáronse os dereitos forais, pero o recoñecemento deles polo carlismo explica o apoio que recibiu este dende o pobo vasco.

A supresión dos foros provocou unha frustración co desenvolvemento dunha gran industrialización, e foi aí cando naceu o pensamento independentista levado por Sabino Arana, que pensaba que a harmonía tradicional vasca desaparecerá cos foros e como consecuencia da chegada de emigrantes españois.

O pensamento de Arana e a creación do PNV

O núcleo do seu pensamento era a pureza do sangue vasco, a raza e a lingua para illar ao pobo vasco dos “maketos” (o resto de españois). Este fundou o PNV, que dende o 1898 se presentou ás eleccións logrando así os seus primeiros éxitos.

O galeguismo

O xurdimento e as tres etapas históricas

En Galicia, a partir do século XIX, xurdiu por unha toma de conciencia unida á defensa da cultura e dos intereses económicos e políticos. Durante este século, o galeguismo quedou limitado a determinados círculos intelectuais e políticos, mais a partir do século XX as masas populares empezaron a facer reivindicacións. Na configuración do galeguismo ata a Guerra Civil apréciase un proceso no que se ven 3 etapas:

1. O provincialismo

Débese á xeración de universitarios con gran influencia. Destacan as súas tertulias; eran progresistas, pertenecían á burguesía e defendían a Galicia como unha unidade política. A posta en práctica manifestouse no pronunciamento do 1846 contra o goberno moderado de Narváez (os Mártires de Carral).

A reivindicación do polo galego foi asumida polo federalismo e, durante a Primeira República, quíxose organizar un cantón galego. A pesar do seu fracaso, o espírito federalista renaceu cando apareceu un Proyecto de Constitución para el Estado Galaico no que se reivindicaba a soberanía do pobo galego.

Máis tarde desenvolveuse o Rexurdimento con Rosalía de Castro e, na segunda metade, o provincialismo evolucionou a unha posición máis nacionalista con Murguía.

2. O rexionalismo

É un movemento de carácter rexionalista que reivindica o emprego da lingua propia coma o dereito de autonomía política sen rachar coa unidade do Estado. Ten 3 correntes: liberal (Murguía), federal (Pereira) e tradicionalista (Brañas).

A principios do século XX, o rexeneracionismo e o movemento obreiro provocan sobre o rexionalismo a aparición do movemento Solidariedade Galega, co obxectivo de agrupar a todos os defensores da descentralización e o fomento da riqueza de Galicia. O seu éxito foi breve, mais fixo do agrarismo un trazo característico seu, visible nas Asembleas Agrarias de Monforte.

3. O nacionalismo

Despois da desaparición de Solidariedade Galega, o galeguismo non contaba cunha alternativa que puidese canalizar o labor disperso dos herdeiros do nacionalismo.

As Irmandades dos Amigos da Fala desenvolveron o concepto de Galicia como nación, apoiándose en dous factores: as formulacións teóricas de Vicente Risco e o Manifesto da Asemblea Nacional de Lugo. Foi nesta asemblea onde as Irmandades fixeron un esquema organizativo de carácter colectivo.

O pensamento nacionalista galego dos anos 20 e 30 seguiu considerando que Galicia estaba no mundo rural, polo que desconfiaban das cidades e das ideoloxías procedentes das clases obreiras.

No 1920 fundouse a revista NÓS, que aglutinaba o grupo de intelectuais galegos que xogaron un papel decisivo na elaboración teórica do nacionalismo galego. No 1929 formouse a ORGA, formada por burgueses urbanos de ideoloxía republicana procedentes das Irmandades da Fala, encontrándose presentes no “Pacto de San Sebastián”. Porén, tiña un carácter pouco galeguista, así que se formou o Partido Galeguista.

Esta formación política tiña como obxectivo a aprobación dun Estatuto de Autonomía para Galicia, acadando a aprobación nun referendo cun 99% de apoio, mais coa chegada do franquismo impidiuse a súa posta en vigor.