Cantigas Medievales Galegas: Cantigas de Santa María, de Escarnio e de Maldizer y Prosa Medieval
Cantigas de Santa María
Cantigas de Santa María son un conjunto de 427 cantigas cuyo obxectivo é loar á Virxe María. Estas composicións foron realizadas baixo a dirección do rei Afonso X o Sabio, que tamén é o autor dun bo número delas.
O obxectivo era doble: relixioso e propagandístico de determinados santuarios. As coleccións de milagres en lingua latina comezaron no século XI, pero foi no XIII cando a Igrexa potenciou o culto á Virxe María como protectora dos cabaleiros.
Cantigas líricas ou de loor
Son 66 textos de loanza á Virxe María, escritos ao xeito das cantigas de amor. Parte deles servían de acompañamento ás celebracións eclesiásticas.
Cantigas narrativas ou de milagres
Relatan un milagre da Virxe. A súa función é didáctica: son un conxunto breve de versos que resumen a ensinanza da cantiga e serven como refrán. Despois aparece o milagre narrado, que acaba coas loanzas á Virxe, moitas veces postas en boca dun pecador arrepentido.
Outras cantigas (xéneros menores)
Serie de cantigas que non pertencen aos tres grandes xéneros (cantigas de amigo, de amor e de escarnio), que foron menos cultivadas polos trobadores ca estes:
- Pastorelas: poemas nos que dialoga unha pastora e un cabaleiro, que lle pide amor a aquela.
- Tenzóns: composicións dialogadas nas que dous trobadores discuten sobre un tema.
- Pranto: poemas nos que se loan as virtudes dunha persoa morta.
Prosa medieval
Consiste na traducción de novelas escritas noutras linguas. Os tradutores tiñan moita liberdade creativa ao verterlas ao galego.
- Prosa galego-portuguesa (s. XIII-XIV): novelas caballerescas de tema artúrico.
Libro de Tristán - Prosa galega (finais s. XIV-XV): obras de tres temáticas: sobre a guerra de Troia, sobre os milagres de Santiago e libros de historia.
Cantigas de escarnio e de maldizer
Son poemas satíricos e burlescos nos que os trobadores critican a sociedade medieval sen facer distinción de clase social ou profesión, a través da ironía, o sarcasmo ou a burla. A súa lingua empregada foi o galego-portugués.
A orixe das cantigas de escarnio e maldizer débese á combinación dun xénero popular galego que aínda perviven actualmente, as composicións satíricas do Entroido, e un xénero burlesco provenzal.
Tipos
- Cantigas de escarnio: aquelas nas que se critica a algo ou a alguén de forma encuberta e irónica, con dobres sentidos.
- Cantigas de maldizer: aquelas nas que a burla se fai mediante unha linguaxe directa e explícita.
Temas
- Sátira social: fai burla de todas as clases sociais sen excepción; é moi frecuente a crítica dos chamados infanzóns.
- Sátira política: ridiculízase a covardía dos nobres cristiáns na guerra contra os musulmáns.
- Sátiras sexuais: son escarnios contra monxas por manter relacións sexuais.
- Sátira literaria: búrlanse dos principais tópicos das cantigas de amor.
- Sátira moral: críticanse determinados vicios da época, como a mentira ou a corrupción.
Recursos formais
- Dobre
- Mordobre (amor / amores)
- Fiinda
- Ata fiinda