Eduardo Pondal: Vida, Obra y el Legado de Queixumes d'os Pinos

Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,81 KB

Obra de Eduardo Pondal

O primeiro poema publicado por Pondal foi "A campana d'Anllóns", integrada no Album de la Caridad en Xogos Florais da Coruña. En 1872 editou A fada dos montes e, no ano 1877, apareceu Rumores de los pinos, que foi o xerme de Queixumes d'os pinos (1886). En 1884 publicou As gandreiras.

Queixumes d'os Pinos

A primeira obra en galego deuse en 1886. Entre as cales aínda non se recolle o poema "Os pinos" nin "O dolmen de Dombate". Eduardo Pondal mantén algúns temas que vai perfeccionando a través dun personaxe que percorre Queixumes d'os pinos. Trátase dun bardo bergantiñán que encarna a alma do pobo, un ser solitario, con ansias de liberdade, que rememora un pasado mítico de Galiza como nación celta.

Temas principais

  • Celtismo: O pobo galego descende do celta e ten un modelo histórico que reivindica a construción dun futuro glorioso.
  • Denuncia da situación do pobo galego e da súa lingua: Exíxese ao pobo galego que recupere o seu papel dentro da historia e que dignifique a súa lingua.
  • Antigüidade grega e latina: As literaturas grega e latina fornecen temas e modelos de actuación heroicos.
  • Natureza: Prodúcese unha unión da voz poética coa paisaxe galega e coas terras de Bergantiños.
  • Paso do tempo: Clara consciencia do paso do tempo e unha reacción melancólica.

En moitos temas de Pondal subxace o sexismo e a misoxinia; a aparición de personaxes femininas era escasa e, cando aparecen, son tratadas como obxectos sexuais.

O Himno Galego

O Himno Galego está formado polas catro primeiras estrofas do poema Os pinos de Pondal e a partitura de Pascual Veiga. A súa creación débese a Manuel Murguía, quen lle pediu a Pondal uns versos para un futuro himno. Interpretouse por primeira vez en Cuba; a partir deste momento foi gañando aceptación polo pobo e o país.

O himno estivo prohibido na época franquista e, cando empezou a ser recitado, estivo limitado ás dúas primeiras estrofas. Coa aprobación do Estatuto de Autonomía déuselle carácter oficial e hoxe a súa interpretación é habitual en actos oficiais.

Os Eoas

Como acontecera na literatura portuguesa coa epopea Os Lusíadas de Luís de Camões, Pondal refixo o texto en innumerábeis ocasións. Este ficou desordenado no interior dunha maleta na Real Academia Galega.

Métrica e linguaxe literaria

Eduardo Pondal foi extremadamente coidadoso coa lingua das súas composicións; era consciente da necesidade de crear para o galego un modelo culto de lingua, prestando especial atención ao uso de verbos irregulares.